Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Revés xudicial do Concello de Nigrán enfronta ao alcalde có concelleiro Fernández Comesaña.

Revés xudicial do Concello de Nigrán enfronta ao alcalde có concelleiro Fernández Comesaña.

Correo-e Imprimir PDF
Revés xudicial do Concello de Nigrán enfronta ao alcalde có concelleiro Fernández Comesaña.

 

Fenández Comesaña (UCN-CDL) rexeita responsabilidades no impago de facturas a dúas empresas que prestaron servizos ao Concello de Nigrán e que agora a xustiza obriga a abonar cun importe de 170 mil euros en concepto de intereses. As devanditas débedas foron adquiridas durante o goberno bipartito (PP – PINN), encabezado polo popular Alfredo Rodríguez, do cal formaba parte Fernández Comesaña como membro da formación independente. O portavoz centrista cualifica como “falsas” as acusacións vertidas contra el polo actual rexedor Alberto Valverde, quen o sinalara como o titular das sinaturas que autorizaron unha serie de contratacións irregulares, das que agora deben facer fronte as arcas municipais.

Nun comunicado, Fernández Comesaña asegura que “no tenía competencias para contratar  obras en aquel gobierno y su papel durante todo el mandato, en todo caso, se ciñó a dar el visto bueno a las facturas después de que informaran los técnicos municipales y conjuntamente con ellos, de que las obras estaban realizadas, como  lo estaban efectivamente y así se demostró en los procedimientos judiciales correspondientes”.

Os orixes do conflito segundo Fernández Comesaña.

Segundo o concelleiro de UCN este proceso xudicial orixinouse “por unha torpeza da alcaldía, consistente en negar o pago e declarar prescrito o dereito ao cobro polas empresas, por canto constaba no Concello diversas reclamacións, que como mínimo a interrompían”.

Sempre na versión do edil centrista, unha boa parte das facturas e certificacións, proceden de obras adxudicadas por concurso “e outro lote o máis numeroso, nin sequera proceden da etapa do goberno PP-PINN, senón que son do goberno bipartito PSOE-BNG”, afirma.

O revés xudicial, que agora condena a Nigrán a pagar 170 mil euros polos xuros das facturas impagas, e 20 mil máis polas costas do proceso, son para Fernández causa da “notoria incapacidade de xestión” do actual rexedor. En todo caso, agrega o concelleiro opositor, o alcalde ignora que “arremete contra os seus compañeiros de partido”, xa que “esquece” que o alcalde que ordenou os pagos era Alfredo Rodríguez (“o seu padriño político”), que como o concelleiro de Facenda eran do PP.

UCN pedirá que sexa o alcalde o que pague do seu peto as costas e xuros.

Fernández Comesaña acusa a Valverde de actuar “de mala fe” e practicar unha “persecución política sen precedentes” contra a súa persoa. Nese senso, anuncia que o seu partido “ademais doutras accións que se reserva -non descartando as penais-,” unha vez que se estude o expediente, podería esixir “como mínimo ante o xulgado, que sexa o alcalde o que pague do seu peto as costas e os intereses de demora, e non os veciños como pretende facer pola porta de atrás, despistándolos con cortinas de fume.”