Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O concello de Nigrán inicia a presentación do PXOM lonxe dos colectivos veciñais

Correo-e Imprimir PDF

Entrega do anterior borrador aos colectivos veciñaisA rolda de presentacións "express" polas parroquias inicia a súa turné este luns na parroquia de Parada ás seis da tarde.

As presentacións do goberno municipal fuxen do paraugas das asociacións de veciños e serán presentados noutras instalacións sen que medie convite entre goberno e os colectivos que forman parte do Consello Sectorial, que oficialmente non foron chamados a participar.

Nigrán instalará cámaras de control no semáforo da Rúa dos Pazos e Avenida Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

punto-vermello-nigran- A instalación deste sistema no cruzamento da Avda. Val Miñor coa Rúa dos Pazos permitirá detectar a cifra de infraccións que se producen nese punto por pasar o semáforo en vermello.
-Unha vez finalizado a mostraxe na devandita localización, o sistema de medición desprazarase a outros puntos críticos do municipio.

O goberno de Nigrán levará a aprobación inicial do PXOM en dúas semáns

Correo-e Imprimir PDF

PXOM de NigránO goberno municipal levará por urxencia a aprobación inicial  do PXOM, unha semana despois da celebración da comisión extraordinaria de urbanismo convocada hoxe, o que implicará a convocatoria dun pleno extraordinario.

O grupos da oposición terán só unha semán para analizar o documento e extraer as súas conclusións, previas á reunión da convocatoria extraordinaria.

Fernández Comesaña increpa ao alcalde de Nigrán por negarlle acceso ao novo documento do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

alberto antonio-UCN afirma ter sospeitas de que o alcalde de Nigrán non conta co apoio do seu grupo para sacar adiante o PXOM e adiante que se aveciña unha crise de goberno municipal.

O concelleiro Fernández Comesaña (UCN-CDL) volve a confrontar co rexedor Alberto Valverde polo que denuncia unha "inxustificada negativa" do alcalde a entregar copia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), achegado recentemente polo equipo redactor. O edil sinala a súa preocupación xa que o alcalde anunciou que en "breves semanas" convocará o pleno de Aprobación Inicial, sen que a oposición teña coñecemento da dimensión das correccións que tras as múltiples pegas dos técnicos municipais e as diversas administracións obrigaran a unha nova redacción do mesmo.

O tramo máis urbano da Estrada Pola Vía quedará sen a senda do Carril – Bici.

Correo-e Imprimir PDF

Fin-estrada3

- O PSOE de Nigrán denuncia que ao longo do tramo urbano de Lourido "non haberá Carril-Bici- pola negativa do Concello de expropiar construcións que se adentran aos lados da Estrada pola Vía.

-O Partido Socialista de Nigrán denuncia que o alcalde Alberto Valverde lles nega a entrega do proxecto construtivo solicitado formalmente hai 8 meses.

- O boulevard construído presenta zonas de tan só 5 metros de ancho.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL