Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN sospeita dunha futura urbanización no monte de Condominguez

Correo-e Imprimir PDF

Reserva de solo e afección do novo vial nas AngustiasO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal, (UCN-CDL) Antonio Fernández, sospeita que o novo vial  trazado no novo PXOM que parte desde Rúa dous Pazos (á altura das Angustias), até conectar coa PO-552 Vigo-Baiona (á altura dos Abetos),  "contemplado no PXOM que Alberto Valverde quere aprobar inicialmente de forma express", discorre por unha ladeira de monte arbolado, e "pode esconder unha futura urbanización no monte de Condominguez, na parroquia de Priegue".

Unha folga do lixo en Nigrán asoma ás portas do verán

Correo-e Imprimir PDF

A última folga do lixo en Nigrán acumulou 350 toneladas en pleno veránOs traballadores do servizo de recollida de lixo de Nigrán (Pontevedra), do cal se encarga a empresa concesionaria Cespa, acordaron convocar folga indefinida a partir do próximo 14 de xuño.

UCN sospeita da uxencia de Alberto Valverde para aprobar o PXOM

Correo-e Imprimir PDF

O documento do PXON non contempla a nova lei de costas.O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, solicitou sen éxito no último pleno ao alcalde Alberto Valverde, que demore a aprobación inicial da PXOM, polo menos un mes, para proceder ao estudo e análise do documento urbanístico de forma exhaustiva por parte dos membros da Corporación, antes de someter á consideración do Pleno, xa que se trata dun documento importantísimo de vital importancia para o futuro desenvolvemento do municipio, polo que require tomar en serio e estudar con rigor o seu contido, antes de proceder a súa votación.

A comisión de urbanismo de Nigrán dá o visto e prace ao PXOM, apoiado só polo goberno

Correo-e Imprimir PDF

Entrega do PXOM en SantiagoO concello de Nigrán ven de celebrar a comisión de urbanismo polo que da o visto bo para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O PSOE solicitou sen éxito a corrección da cartografía se actualizar do plan, a delimintación das parcelas para que os propietarios podan ubicar as súas propiedades, a retirada da autovía Saiáns - Porto do Molle e a retirada do porto deportivo en Panxón. Por outra banda pediu máis tempo para a revisión do documento; solicitudes que foron rexeitadas polo alcalde Alberto Valverde e o resto de membros do goberno municipal.

O BNG pola súa banda, argumentou o súa negativa de apoio na comisión, por non ter tempo a revisar o documento, e en último caso condicionaba o apoio do seu partido segundo a decisión do goberno de apoiar ou non as propostas presentadas polos socialistas, que finalmente foron rexeitadas.

Documentación do PXOM de Nigrán 2013

Correo-e Imprimir PDF

pxom nigran2013 banner 2

Documentación PXOM completa - Descargar aquí (tamaño 1 GB comprimido en ZIP) 

Se prefire realizar unha consulta máis rápida pode descargar só planos de ordenación proposta.

Plano de ordenación proposta 02.1
Plano de ordenación proposta 02.2
Plano de ordenación proposta 02.3
Plano de ordenación proposta 02.4

 INFORMES MUNICIPAIS previos ao pleno de aprobación do PXOM.

Informe do interventor municipal

Manual interpretación

Os planos poden ser de información ou de ordenación.

Nos planos de información (O seu nome empeza por I), infórmase de varios aspectos, como a clasificación actual, as zonas de ordenzanza, etc.
Os planos importantes para analizar como vai a quedar Nigrán son os planos de ordenación (O seu nome empeza por O)
Polo tanto vamos a analizar os diferenets planos de ordenación e documentos de interese que nos poden ser de mais utilidade:

O2.1.Justificacion clasificacion (tamén O2, O3 e O4).
Son catro planos nos que se divide o termo municipal de Nigrán nos que se poden visualizar tanto as edificacións (as que aparecen) como as parcelas existentes. Hai que ter en conta que a cartografía empregada non está actualizada.
Neles se pode como se clasifica un terreno.
Este pode ser urbano (consolidado ou non consolidado), rural (tradicicional ou común) ou solo rustico (de especial protección ou de protección ordinaria). Tamén se determina se o terreno está incluido nun PERI, SUD, SUND ou POL

O4.1-Calificación, Gestión y Alineaciones_01, 02, 03, 04, 05, 06 e 07
Estes son planos para determinar dentro do solo urbano consolidado a ordenanza que lle é de aplicación, asi como o grao (por exemplo RU-3 Residencial Unifamiliar Grao 3). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

O4.2-Calificación, Gestión y Alineaciones_NR
Estes son planos para determinar dentro do solo rural (tanto común como tradicional) a ordenanza que lle é de aplicación (por exemplo NRC1 Nucleo Rural Común Grao 1). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

Documento das ordenanzas urbanisticas
Unha vez determinada para unha finca a ordenanza de aplicación e o grao (para o solo urbano consolidado e para o rural), vaise ao documento das ordenanzas urbanísticas, búscase a ordenanza e o grao e alí pon o que se pode facer.

PERIs, SUDs, SUNDs E POL
En principio, aínda que este solo este clasificado como urbano non consolidado, urbanizable ou rural, nestes terreos non se pode edificar até que se desenvolva o instrumento urbanistico previsto.
Para saber que se pode facer hai que ir ao documento “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”, e buscar o ámbito que lle é de aplicación.

Zonas verdes e equipamentos
No solo que está destinado para zonas verdes ou equipamentos non se vai a poder edificar vivendas. Os propietarios destes terreos participarán dos beneficios urbanisticos dos SUD, ou PERIs aos que están adscritos.

Solo rústico
A normativa a a aplicar dependerá de se é ordinario ou de especial protección. Por exemplo no solo rústico de especial protección de infraestructuras prácticamente non se pode facer nada.

Areas de recualificación
Existen 4 areas de recualificación (San Román, Monteferro, Chandebrito e MonteLourido) nos que se fará un desenvolvemento seguindo plans especiais. A descripción do que se vai a facer está nas fichas respectivas (ver “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”), aínda que non son moi concretos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL