Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

San Xoán reaviva a polémica polo establecemento de dirección única na Rúa do Mariñeiro en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

aparcamentos-rua-marinheiroMentres o goberno local louva a súa decisión de converter a Rúa do Mariñeiro (Panxón) nunha estrada de circulación única, o que lle permite "gañar unha liña de estacionamento na calzada", o voceiro centrista Antonio Ferández Comesaña (UCN-CDL), denuncia que a mesma "elimina dúas paradas do transporte público".  

Esquerda Unida sinala que a medida só crea 20 plazas netas de aparcamento ao eliminarse outras 70 prazas que había na súbida da mesma rúa.

Nigrán compromete a presenza dun centenar de axentes de seguridade nas fogueiras de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF

- O Concello de Nigrán anuncia que despregará un forte dispositivo de seguridade e limpeza para cubrir as actividades que a partir da media noite do sábado despregará a Comisión de Festas de San Xoán de Panxón. O dispositivo anunciado contempla tamén o valado das dunas de Gaifar con 150 valas "para protexelas de calquera posible intrusión que puidese producirse ao longo da velada", sinala un comunicado da administración.

O goberno de Nigrán leva en solitario a aprobación inicial do PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Momento do debate no plenoO goberno de Nigrán leva a adiante a aprobación do PXOM en solitario. Os grupos da oposición votan en contra  nun debate de cruce de acusacións sobre a responsabilidade do documento.

O alcalde asegura que o polémico vial Saiáns - Porto do Molle - Ramallosa é mellor que o trazado do plan Vigo Intégra do bipartito galego, e que a diferenza está en que este trazado discurre por terreos rústicos e que non afectará a ningunha vivenda.

Os colectivos veciñais piden participación e transparencia na tramitación do plan xeral

Correo-e Imprimir PDF

"Por un PXOM transparente e participativo" Medio millarMomento da lectura do comunicado de persoas achegáronse onte até o concello de Nigrán para coñecer a situación do PXOM a través da portavocía dos colectivos veciñais que realizaron a convocatoria. 

As AAVV puxeron á disposición dos asistentes os planos de calificación urbanística propostos para a aprobación inicial, e deron conta aos veciños da situación das súas propiedades.

Annonymous convoca cun video aos veciños a asistir ao pleno de aprobación inicial do PXOM en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Secuencia do filme

Os "hacktivistas" locais que atenden ao nome de "Nigran Leaks" publican un video sobre a convocatoria do PXOM de Nigrán.

O seu perfil en Twitter, publica un vídeo que convoca á asistencia ao pleno de aprobación do PXOM de Nigrán este venres ás 10h en Nigrán. 

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL