Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán San Xoán reaviva a polémica polo establecemento de dirección única na Rúa do Mariñeiro en Panxón.

San Xoán reaviva a polémica polo establecemento de dirección única na Rúa do Mariñeiro en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
aparcamentos-rua-marinheiro
Momento da sinalización da rúa o pasado mércores - Imaxe A.E.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Mentres o goberno local louva a súa decisión de converter a Rúa do Mariñeiro (Panxón) nunha estrada de circulación única, o que lle permite "gañar unha liña de estacionamento na calzada", o voceiro centrista Antonio Ferández Comesaña (UCN-CDL), denuncia que a mesma "elimina dúas paradas do transporte público".  

Esquerda Unida sinala que a medida só crea 20 plazas netas de aparcamento ao eliminarse outras 70 prazas que había na súbida da mesma rúa.

 Polémica

Para o alcalde Alberto Valverde, foi todo un acerto converter a Rúa do Mariñeiro desde o cruzamento na PO-325 ata a intersección co Camiño dos Lagos, nun "vial de sentido único descendente, o cal permite gañar unha liña de estacionamento na calzada, sen mermar a seguridade da estrada".
Nembargante, Fernández Comesaña opina que a mesma orixina un "prexuízo aos veciños que residente na zona", ao ter que desprazarse ata Patos, polo desvío dos autobuses de transporte. Agrega que "coa falsa aparencia de xerar aparcamentos, que na practica resultarán pouco eficaces, ao quedar afastados do centro urbano de Panxón", a modificación tamén prexudica aos negocios "tanto do paseo marítimo como do porto, situación que está orixinando protestas dos afectados, tanto dos establecementos comerciais como de hostalería, que ven máis un prexuízo que unha solución", advirte.

Fernández Comesaña dubida que a modificación conte cos "informes regulamentarios".
Fernández Comesaña sinala que solicitou hai máis dun mes ao alcalde Alberto Valverde, información e entrega dos informes da Policía Local "que avalen o plan de tráfico deseñado, así como a autorización da Xunta de Galicia, ao tratarse dun vial de titularidade autonómica", sen que ata a data obtivésese resposta algunha. Polo cal informa que volve a instar ao rexedor, " a dar toda a información necesaria, e saber si a actuación levada a cabo conta cos informes regulamentarios".

Para EU - Nigrán a medida só supón un incremento de 20 prazas.

Esquerda Unida denunciou que as medidas que está a adoptar o concello de Nigrán para crear prazas de aparcamento en Panxón van a ter escasa eficacia, xa que so van a crear 20 prazas de aparcamento a costa dos perxuizos para a vecindade. Apuntan que a sinalización de 91 prazas de aparcamento, elimina aproximadamente 70 prazas de aparcamento no carril de subida da rúa Mariñeiro, a creación real de prazas vaia ser de 20.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán a creación destas 20 prazas de aparcamento non vai a compensar as repercusións negativas no transporte público e a seguridade nas rúas que van ter que soportar máis tráfico. Na mesma liña que UCN, apuntan a eliminación de dúas paradas de autobús na estrada pola vía na liña que pasaba por Panxón, xa que os autobuses en dirección Vigo sairán por Patos.  Para Cuevas, "isto ponte de manifesto o nivel de credibilidade do Alcalde de Nigrán, xa que anunciara a creación de mais de 100 prazas con ditas medidas".

Falta de previsión e improvisación na actuación.

O portavoz de EU sinala que a falta de previsión do Concello nas súas actuacións quedou latente o pasado mércores "cando o autobús que sae ás 19:00 de Baiona e pasa por Panxón foi autorizado polo concelleiro de vías e obras a subir pola rúa Mariñeiro até a estrada pola vía, cando en dita rúa xa estaba sinalizado so un carril de baixada, podéndose producir un accidente de tráfico."

Para Esquerda Unida a medida adoptada ademais de crear un grave prexuízo a todos os veciños, vai aumentar a perigosidade da rúa dos Lagos e de Bouzavella porque vai a aumentar o tráfico nesas rúas que carecen de beirarrúas. Do mesmo xeito, a Rúa Mariñeiro vai ser outro punto conflitivo pois uns contenedores de lixo van quedar en medio da rúa para que o camión os poda recoller, tal como está sinalizada.