Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Os colectivos veciñais piden acceso á documentación do novo PXOM e a búsqueda de consenso antes da aprobación incial

Correo-e Imprimir PDF

Representantes dos colectivos do consello sectorial do PXOM de NigránDoce colectivos veciñais máis os partidos do PSOE e BNG, pertencentes todos ao Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, trasladaron nun comunicado a súa opinión respecto ó procedemento de tramitación do PXOM de Nigrán para a súa aprobación inicial.

Os colectivos veciñais ainda non dispoñen da documentación do PXOM para poder analizar os cambios nas parroquias e aportar as súas opinións. Documento que ainda non foi entregado dende o concello de Nigrán. Desminten a idea de que exista transparencia na elaboración do documento urbanístico.

Nigrán pronúnciase unanimemente contra o proxecto do Ministerio de Xustiza de eliminar o partido xudicial de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

A corporación de Nigrán, integrada polo PP, o PSOE, o BNG e UCN, defende en pleno a permanencia do partido xudicial de Vigo tal e como se lle coñece até a data. Así o acordaron por unanimidade todos os membros da corporación na sesión plenaria celebrada o pasado xoves, na que se puxo de manifesto o prexuízo que a supresión desta estrutura xudicial suporá para os veciños de Nigrán en particular, e da comarca do Val Miñor en xeral, na prestación dun servizo público "de xustiza de calidade".

Avenida de La República de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Avenida de La República en Nigrán - Foto Valpazo"O povo é quem mais ordena" ou o que ven sendo o mesmo "o pobo é quen manda".

Iso mesmo é o que lle ocorre a esta avenida que muda de nome segundo o veciño que pase por ela e lle dea por cambiar a súa placa. Inicialmente chamada oficialmente Avda Castelao. Nos anos 90, durante o mandato do Popular Avelino Fernández muda o seu nome e pasa a chamarse  "Avda. Bernárdo Vázquez"  nome dun alcalde predemócrata de Nigrán.

EU pide máis tempo para estudar o PXOM de Nigrán antes da súa aprobación inicial

Correo-e Imprimir PDF

MonteferroEsquerda Unida, partido que non conta con representación no pleno municipal, solicita máis tempo para poder estudar o novo documento do PXOM feito público o pasado 30 de maio.

Resaltan que a aprobación inicial "non é un mero trámite", xa que determinrará as liñas xerais do plenaemanto e do "futuro de Nigrán".

O PSOE de Nigrán publica na súa web o PXOM que se someterá a súa aprobación inicial

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM contempla a urbanización restante na fachada litoralO PSOE de Nigrán publicou na súa web o pasado 30 de maio o documento urbanístico que se someterá a aprobación inicial en menos de 15 días mediante un pleno extraordinario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL