Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU pide máis tempo para estudar o PXOM de Nigrán antes da súa aprobación inicial

EU pide máis tempo para estudar o PXOM de Nigrán antes da súa aprobación inicial

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro

Esquerda Unida, partido que non conta con representación no pleno municipal, solicita máis tempo para poder estudar o novo documento do PXOM feito público o pasado 30 de maio.

Resaltan que a aprobación inicial "non é un mero trámite", xa que determinrará as liñas xerais do plenaemanto e do "futuro de Nigrán".

 

"O Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento que regulará en gran medida o funcionamento e o crecemento do Concello nos próximos anos vai ser aprobado sen apenas tempo para que os veciños o estuden, tal como pretende Alberto Valverde" apuntan nun comunicado.

EU entende que dada a importancia do documento, "todas as partes implicadas deberían colaborar activamente na súa elaboración: a administración, as asociacións veciñais, culturais, demais forzas políticas e veciños en xeral, xa que cada unha delas ten un coñecemento do Concello que complementa ás demais." Suliñan que o alcalde de Nigrán "esquécese" a búsqueda da "participación" e a "transparencia" faltando ao seu compromiso electoral ó non existir esta fase de elaboración conxunta. Esquerda Unida pide que se deixe un período de estudio e discusións maior, antes da súa aprobación inicial.

Esquerda Unida resaltou que a aprobación inicial non é un mero trámite, xa que nese momento quedará marcado as liñas xerais do futuro de Nigrán, polo que unha semana non é tempo dabondo para aclarar as importantes cuestións que afectarán ao Concello nos próximos anos, como son a evolución demográfica e súa repercusión en servizos como a sanidade ou a educación, ou os servizos básicos como a xestión da auga."