O PSOE de Nigrán publicou na súa web o pasado 30 de maio o documento urbanístico que se someterá a aprobación inicial en menos de 15 días mediante un pleno extraordinario.
Os socialistas decidiron novamente filtrar o documento urbanístico, ante a falta de información do goberno local e dada a urxencia coa que se pretender tramitar a aprovación inicial do PXOM. "Como ven sendo habitual no Grupo Municipal Socialista, e respostando as máximas de transparencia e participación, ven de colgar na sua paxina web: http://www.psoe-nigran.org a documentación completa recibida no día de hoxe. Tratase agora de estudiar un documento complexo e moi amplo e esperamos que Alberto Valverde non opte pola aprobación urxente e antes de que o coñezamos todos e cada un dos cidadans de Nigrán. Unha vez estudiado polos grupos municipais, polas entidades socias e veciñais agrupadas no Consello Sectorial para o Plan Xeral, será o momento de dar unha opinión sobre o mesmo, agora mesmo tocanos traballar e ter a calma necesaria para que o documento que aprobemos sexa o mellor posible para Nigrán."
Sinalan que o documento non contén os informes municipais porque non foron aportados polos goberno local
DESCARGAR - PXOM completo (1GB)