Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán pronúnciase unanimemente contra o proxecto do Ministerio de Xustiza de eliminar o partido xudicial de Vigo.

Nigrán pronúnciase unanimemente contra o proxecto do Ministerio de Xustiza de eliminar o partido xudicial de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

A corporación de Nigrán, integrada polo PP, o PSOE, o BNG e UCN, defende en pleno a permanencia do partido xudicial de Vigo tal e como se lle coñece até a data. Así o acordaron por unanimidade todos os membros da corporación na sesión plenaria celebrada o pasado xoves, na que se puxo de manifesto o prexuízo que a supresión desta estrutura xudicial suporá para os veciños de Nigrán en particular, e da comarca do Val Miñor en xeral, na prestación dun servizo público "de xustiza de calidade".

A corporación municipal rexeitou en pleno a formulación do Ministerio de Xustiza de crear un único partido xudicial a nivel provincial, e defendeu en pleno a permanencia do partido xudicial de Vigo, "como garantía do acceso á tutela xudicial efectiva, dun servizo público de xustiza accesible e non distante ao cidadán e dunha demarcación xudicial que non orixine desigualdade e un encarecemento no acceso á mesma para os veciños de Nigrán".
Os corporativos por unanimidade instan ao Ministerio de Xustiza a rectificar na súa intención de suprimir todos os partidos xudiciais, entre eles o de Vigo, e de crear un partido xudicial único na provincia, con sede en Pontevedra, e trasládalle a defensa da permanencia do partido xudicial de Vigo, de acordo "coa excepcionalidade e singularidade do mesmo".