Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Golpes na protesta de preferentistas no pleno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe arquivo intervención portavoz no pleno de NigránAs protestas dos afectados por participacións preferentes obrigaron este xoves a trasladar a celebración do pleno de Nigrán, do salón habitual ao novo auditorio municipal, tras producirse un novo enfrontamento entre o colectivo de afectados a Policía Local do municipio.

O Goberno local de Nigrán asegurou a Europa Press que a Policía se viu obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados "que se tapaban la cara con pasamontañas y capuchas", tratou de entrar pola forza no salón.

Revés xudicial do Concello de Nigrán enfronta ao alcalde có concelleiro Fernández Comesaña.

Correo-e Imprimir PDF

 

Revés xudicial do Concello de Nigrán enfronta ao alcalde có concelleiro Fernández Comesaña. Fenández Comesaña (UCN-CDL) rexeita responsabilidades no impago de facturas a dúas empresas que prestaron servizos ao Concello de Nigrán e que agora a xustiza obriga a abonar cun importe de 170 mil euros en concepto de intereses. As devanditas débedas foron adquiridas durante o goberno bipartito (PP – PINN), encabezado polo popular Alfredo Rodríguez, do cal formaba parte Fernández Comesaña como membro da formación independente. O portavoz centrista cualifica como “falsas” as acusacións vertidas contra el polo actual rexedor Alberto Valverde, quen o sinalara como o titular das sinaturas que autorizaron unha serie de contratacións irregulares, das que agora deben facer fronte as arcas municipais.

EU denuncia que unha ducha prepago nas praias de Nigrán custará un 500% máis que facelo na casa.

Correo-e Imprimir PDF

valverde-augas-galiciaJosé Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, denuncia que o sistema que pretende poñer en funcionamento o alcalde Alberto Valverde “vaise clarificando que é un sistema recadador e non vai a ter un prezo simbólico, tal como se afirma”. Asegura que o m3 de auga en Nigrán ten un prezo de 49 céntimos de euro, “e con ese diñeiro só se van a poder empregar as duchas 10 minutos. Isto fai que o prezo da auga das duchas na praia vai a ser aproximadamente un 500% do prezo da auga de Nigrán”.

Catro estudantes de 4º da ESO do Colexio Público de Panxón imputados por un suposto delito de acoso escolar.

Correo-e Imprimir PDF

 

Catro menores foron imputados pola Garda Civil por un suposto caso de acoso escolar a unha compañeira no colexio público de Panxón. Os denunciados, de entre 16 e 17 anos (tres mulleres e un varón), serán investigados pola Fiscalía de Menores, logo que a familia da vítima establecera a denuncia no destacamento de Baiona.

O BNG denuncia que o goberno de Nigrán devolveu avais a promotoras que non fixeron as obras.

Correo-e Imprimir PDF

-O concelleiro do BNG, Xavier Rodríguez, denuncia que o Concello de Nigrán aprobou a devolución dos avais depositados por dúas promotoras para garantir obras de urbanización na Ramallosa ás que foron condicionadas as licenzas, sen que estas fosen executadas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL