Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU denuncia que unha ducha prepago nas praias de Nigrán custará un 500% máis que facelo na casa.

EU denuncia que unha ducha prepago nas praias de Nigrán custará un 500% máis que facelo na casa.

Correo-e Imprimir PDF
valverde-augas-galicia

José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, denuncia que o sistema que pretende poñer en funcionamento o alcalde Alberto Valverde “vaise clarificando que é un sistema recadador e non vai a ter un prezo simbólico, tal como se afirma”. Asegura que o m3 de auga en Nigrán ten un prezo de 49 céntimos de euro, “e con ese diñeiro só se van a poder empregar as duchas 10 minutos. Isto fai que o prezo da auga das duchas na praia vai a ser aproximadamente un 500% do prezo da auga de Nigrán”.

O Concello non entrega o informe técnico que supostamente asegura que o sistema aforre un 60% do consumo.

Por outra parte Esquerda Unida dubida que o aforro nas duchas das praias sexa dun 60% tal como afirma o alcalde. José Cuevas di que EU solicitou ao concello o estudo no que se baseaba dita afirmación, así como o consumo das duchas das praias nos tres últimos anos. Dita información, “que o concello está obrigado legalmente a facilitar, non se nos facilitou, polo que esixe a súa publicación, aínda que nos da a impresión de que se basea unicamente na publicidade da empresa privada subministradora das duchas de pago”. EU opina que o concello carece de dito estudo e que as afirmacións de que se consumen 7.500 metros cúbicos anuais “carecen de fundamento xa que ditas instalacións carecen de contadores de auga, segundo a información que nos chegou”.

EU anuncia que porá en coñecemento do fiscal as actuacións do rexedor de Nigrán en caso de que a semana que ven entre en funcionamento as duchas de pago.

Por outra banda, José Cuevas, anuncia que a súa agrupación presentará unha denuncia no caso de que as duchas de pago entren en funcionamento a semana que ven, “tal como anunciou o alcalde, segundo as novas publicadas hoxe”.

Para levar a cabo dita medida hai que aprobar unha ordenanza fiscal, sinala Cuevas, “que actualmente non está exposta ao público e que necesita para a súa aprobación definitiva un período de exposición ao público de 30 días hábiles, polo que a entrada en funcionamento do sistema de cobro nas duchas e lavapés das praias a semana que ven consideramos que sería ilegal.

Cando se abra o prazo Esquerda Unida asegura que presentará alegacións, xa que o que se pretende cobrar supera con moito o custe do servizo.

EU propón unha modificación nas taxas e a colocación de contadores para obter realmente resultados no aforro.

Como medidas para aforrar auga Esquerda Unida insiste en propoñer, como xa fixo no período de alegacións á subida das taxas do auga, que se modifique a política tarifaria para que se pague “pola auga que realmente se consume e non por un consumo mínimo, xa que agora mesmo a veciñanza de Nigrán vai a pagar un mínimo de 60 metros cúbicos de auga cada trimestre, os consuma ou non”. Nese senso, Cuevas sinala que “Dito mínimo e maior que o consumo estimado para unha vivenda na que vivan 3 persoas, co que se está a fomentar o despilfarro do auga a cambio de ter uns ingresos ao cobrar por un auga que en moitos casos non se consume. “

Tamén propón que se instalen contadores de auga en todas as instalacións municipais para poder controlar o consumo de auga,”xa que segundo as informacións que temos, existen instalacións que carecen de contadores, así como o control das perdas de auga que se podan producir na rede de abastecemento.”