Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Golpes na protesta de preferentistas no pleno de Nigrán

Golpes na protesta de preferentistas no pleno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe arquivo intervención portavoz no pleno de Nigrán

As protestas dos afectados por participacións preferentes obrigaron este xoves a trasladar a celebración do pleno de Nigrán, do salón habitual ao novo auditorio municipal, tras producirse un novo enfrontamento entre o colectivo de afectados a Policía Local do municipio.

O Goberno local de Nigrán asegurou a Europa Press que a Policía se viu obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados "que se tapaban la cara con pasamontañas y capuchas", tratou de entrar pola forza no salón.

A Policía Local tiña orde de non permitir o paso a ningún dos preferentistas como ocorreu no pleno da Mancomunidade do Val Miñor. Os concelleiros da oposición preguntaron novamente se ían permitir o libre acceso do público ao pleno, e a responsabilidade do acceso foi novamente trasladada aun unha decisión policial, pese a que os mesmos policías aseguran recibir ordes. O alcalde de Nigrán é o máximo responsable da policía local e nomeadamente da área de seguridade cidadá.

Sen embargo, e segundo recolle a web de EP, o portavoz da plataforma, Xulio Vicente, suliñou que "a Policía emprendeuna a porrazos" con varios afectados, entre eles "persoas maiores". Por iso, Vicente advertiu que o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, converteuse en "inimigo público número 1" para este colectivo.

Segundo as fontes consultadas a carga produciuse logo da rotura dun cristal do concello e motivo do forcexeo unha persoa de avanzada idade resultou ferida ao recibir porrazos  no brazo, nas pernas e un terceiro porrazo na cabeza, que lle causou unha importante lesión.

"Tira puxa"

Desde o Goberno local din que se produciu un "tira puxa" entre afectados e axentes e que, ademais, "romperon varios cristais". Así mesmo, apuntaron que a Policía Local pediu xa as imaxes dos feitos aos medios de comunicación presentes para poder identificar aos implicados e denuncialos. Unha práctica xa utilizada cando os incidentes da protesta contra o PXOM de 2006, onde os únicos inculpados e condenados foron os veciños que protestaron por impedírselles o acceso ao pleno de aprobación incial do PXOM. Circunstancias que se volven repetir novamente ao impedir o acceso aos preferentistas aos plenos.

Segundo o goberno municipal, o pleno iniciouse coas portas abertas e deixouse pasar aos portavoces da plataforma de afectados. Segundo as fontes consultadas, o pleno arrincou a porta pechada, feito polo que os grupos da oposición protestaron e o alcalde accedeu a deixar pasar só a dous portavoces das plataformas do Val Miñor e Baixo Miño. No entanto, e segundo recolle EP, impediuse o paso a aqueles "que ían con intención de rebentar o pleno", e por iso producíronse os enfrontamentos.

Ao auditorio

Tras os incidentes, o alcalde optou por trasladar a celebración do pleno ao auditorio, no que se prevía a aprobación dos orzamentos municipais de 2013, con presenza dos concelleiros do PP, e dos representantes de UCN-CDL, BNG e PSOE. O traslado do pleno produciuse polo balbordo da pitada exterior que facía imposible a celebración normal do pleno.

O PSOE e BNG volveron a preguntar se ían permitir a entrada do público ao pleno, ao que o alcalde se negou, momento no que o grupo socialista decidiu abandoar definitivamente o pleno. O portavoz do BNG mantivose no seu asento para defender a súa moción de oposición aos orzamentos municipais que era un dos puntos a aprobar na orde do día do pleno.

Outras protestas

Por outra banda, os afectados polas preferentes tamén acudiron este xoves ao pleno da localidade pontevedresa de Mondariz Balneario, que foi suspendido en solidariedade con este colectivo.
Xulio Vicente destacou o apoio da corporación desta localidade á súa causa, xa que os concelleiros de PP e BNG apoiaron a súa reclamación de que se derrogue o decreto que lles considera investidores e non aforradores, así como a súa loita para que se lles devolvan integramente os seus aforros.