Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

ANOVA súmase á oposición ao PXOM de Nigrán e suscribe o apoio á convocatoria veciñal

Correo-e Imprimir PDF

mapa-solo-pxom-nigranA asemblea local de Anova de Nigrán asume a convocatoria veciñal á concentración de protesta prevista para o Xoves, 13 de xuño, ás 20,30 horas, na praza do Concello de Nigrán para expresar o desacordo ante a intención do goberno local de ir á aprobación inicial do PXOM no pleno municipal previsto para este venres.

O seu portavoz, Xosé M. García Crego, manifestou que "Estamos de novo nunha situación xa habitual neste Concello: sumidos nas dúbidas e nas sospeitas ante un documento elaborado ás costas da veciñanza. En 2006 o pobo de Nigrán impediu que fose adiante unha planificación urbanística que favorecía descaradamente intereses moi particulares e non os da maioría. Agora estamos nunha situación semellante."

.

Colectivos veciñais e oposición amosan os seus desacordos co PXOM e convocan unha concentración

Correo-e Imprimir PDF

MonteferroColectivos veciñais, asociacións e partidos que forman parte do consello sectorial do PXOM de Nigrán expresan os seus motivos de oposición ao documento urbanístico.

Convocan a toda a veciñanza a unha concentración de protesta e informativa este xoves 13 ás 20:30 diante do concello, día anterior ao pleno que levarará adiante a aprobación inicial do PXOM.

O documento prevé a creación dun novo imposto municipal específico para poder desarrollar o documento.

O PXOM de Nigrán será levado á súa aprobación inicial este venres sen contar co apoio das entidades veciñais

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe arquivo. Alcalde de Nigrán e o conselleiro de Medioambiente e infraestructuras.O goberno de Nigrán levará á aprobación inicial o PXOM o próximo venres 14 de xuño de 2013, ás 10h.

Así o recolle a convocatoria da sesión extraordinaria do pleno do concello de Nigrán onde se recollen entre outros puntos da orde do día a aprobación definitiva dos orzamentos de 2013, a aprobación da taxa reguladora para o cobro do uso das duchas pre-pago nas praias, o trámite de aprobación inicial do PXOM de Nigrán, e a adscrición dunha nova concelleira do grupo PSdeG-PSOE.

As entidades veciñais e os grupos da oposición seguen solicitando máis plazo para poder analizar o documento entregado formalmente o pasado mércores.

 

Anonymous parodia nas redes a elaboración do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Fotograma do vídeoUn vídeo de Anonymous chama aos cidadáns de Nigrán a asesorarse nas asociacións veciñais ou directamente cun avogado para coñecer de primeira man as diversas afeccións da nova redacción do novo documento urbanístico do municipio.

Unha copia do mesmo chegou a esta redacción, xunto cunha nota que advirte: "Ciudadano despierte. Este vídeo es una parodia pero sus contenidos son reales". 

A parodia baséase nunha escena da película El Hundimiento (Der Untergang 2004), moi recorrida nas redes para amosar a sorpresa do ditador ante unha nova.

Nigrán urxe celebrar un pleno extraordinario para poder por en marcha as duchas pre-pago.

Correo-e Imprimir PDF

Sistema de duchas re-pago no areal de Patos - Imaxe Surfgz.comO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, desminte ao alcalde Alberto Valverde, en relación á promesa feita nos medios sobre a posta en marcha con tarxeta das duchas de re-pago para próximo 15 de xuño.

Segundo o portavoz dos centristas o equipo de goberno ignorou que poderían existir alegacións durante o período de exposición ao público da ordenanza reguladora, como así aconteceu; o que supón,  - segundo as declaracións de Fernández- un atraso na entrada en vigor, tal e como apuntara anteriormente.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL