Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PXOM de Nigrán será levado á súa aprobación inicial este venres sen contar co apoio das entidades veciñais

O PXOM de Nigrán será levado á súa aprobación inicial este venres sen contar co apoio das entidades veciñais

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe arquivo. Alcalde de Nigrán e o conselleiro de Medioambiente e infraestructuras.

O goberno de Nigrán levará á aprobación inicial o PXOM o próximo venres 14 de xuño de 2013, ás 10h.

Así o recolle a convocatoria da sesión extraordinaria do pleno do concello de Nigrán onde se recollen entre outros puntos da orde do día a aprobación definitiva dos orzamentos de 2013, a aprobación da taxa reguladora para o cobro do uso das duchas pre-pago nas praias, o trámite de aprobación inicial do PXOM de Nigrán, e a adscrición dunha nova concelleira do grupo PSdeG-PSOE.

As entidades veciñais e os grupos da oposición seguen solicitando máis plazo para poder analizar o documento entregado formalmente o pasado mércores.