Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Catro estudantes de 4º da ESO do Colexio Público de Panxón imputados por un suposto delito de acoso escolar.

Catro estudantes de 4º da ESO do Colexio Público de Panxón imputados por un suposto delito de acoso escolar.

Correo-e Imprimir PDF

 

Catro menores foron imputados pola Garda Civil por un suposto caso de acoso escolar a unha compañeira no colexio público de Panxón. Os denunciados, de entre 16 e 17 anos (tres mulleres e un varón), serán investigados pola Fiscalía de Menores, logo que a familia da vítima establecera a denuncia no destacamento de Baiona.

Segundo puido establecerse, a rapaza viña sendo vítima dende hai meses de insultos , situación que fora posta en coñecemento do centro de ensino. A pesar de que a institución docente puxera en marcha unha serie de medidas ca fin de solucionar o conflito, un rebrote do problema fixo que se dera conta ás forzas de seguridade.