Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán fiscalizará supostas irregularidades fiscais ou administrativas das entidades veciñais.

Correo-e Imprimir PDF

A estación náutica de Praia Amércia foi denunciada en 2008 por ocupar e sub-arrendar espazo de dominio público de xeito gratuíto dende 2004, fronte aos kioskos da zona que pagaban 3000€ por tempada. A instalación segue en pé no mesmo lugar e Nigrán. No caso de Baiona o concello iniciou un expediente de reposición que implicou a súa retirada.O Concello de Nigrán fiscalizará a todas as asociacións veciñais, culturais e deportivas a fin de determinar cales delas fan uso de instalacións municipais.

A medida impulsada polo rexedor Alberto Valverde co apoio dos concellais de goberno, ten por obxectivo "solventar en el menor tiempo posible las disfunciones administrativas e tributarias" nas que poderían a estar a incorrer algunhas delas, segundo o acordo aprobado no derradeiro pleno. Nembargante para o PSOE , trátase dunha "vinganza" do rexedor pola oposición das entidades veciñais "ao xeito de levar a cabo a aprobación inicial do PXOM".

Aberta a convocatoria de axudas para os libros de textos educación infantil

Correo-e Imprimir PDF

Comunidade Educativa do CEIP Humberto JuanesO Concello de Nigrán convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados "nalgún dos colexios públicos do municipio."

O concello non indicou o importe da contía que vai ser destinada para este fin. 

Esquerda Unida fai público un documento de axuda para entender o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

PXOM NigránEsquerda Unida fai público un documento de información co que pretenden que os veciños que accedan ao Plan Xeral de Nigrán poidan interpretar a maraña de siglas e clasificacións que conten para identificar as súas propiedades.

Desvío de partidas de axudas sociais para rematar as beirarrúas e mercar un coche policial

Correo-e Imprimir PDF

14.000 euros serán traspasadas dos orzamentos de axudas social para rematar as beirarúas en Praia Amércia

 O goberno de Nigrán aproba unha modificación de crédito por 51.947 euros a tan só 20 días da aprobación definitiva dos orzamentos proposta e votada en solitario polo oficialismo. A transferencia afecta fondos destinados orixinalmente a limpeza de zonas verdes (21.000€), saneamento e abastecementos (21.000€), axudas no fogar (14.000€) e actividades deportivas (1.947€), segundo a moción aprobada O acordo sinala que estes cartos serán agora destinados á compra de desfibriladores subvencionados pola Deputación (1.974€), a construción de beirarrúas en Praia América (22.000€) e un novo vehículo para a policía local (28.000€).

A deputada Eva Solla (AGE) solicita ao parlamento a xustificación do trazado do carril bici de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma de afectados protestaba en 2008 pola seguridade do trazadoAnte a morea de denuncias en materia de seguranza sobre o actual trazado do carril bici no seu paso por Nigrán, a deputada Eva Solla (Alternativa Galega de Esquerda) solicitou ao Parlamento galego a redacción orixinal do proxecto. A representante sinala que segundo a normativa vixente no momento da redacción do proxecto, "este debe incluír todos os datos de
seguridade viaria que xustifiquen o trazado, as características e o proceso construtivo elixido".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL