Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán fiscalizará supostas irregularidades fiscais ou administrativas das entidades veciñais.

Nigrán fiscalizará supostas irregularidades fiscais ou administrativas das entidades veciñais.

Correo-e Imprimir PDF
A estación náutica de Praia Amércia foi denunciada en 2008 por ocupar e sub-arrendar espazo de dominio público de xeito gratuíto dende 2004, fronte aos kioskos da zona que pagaban 3000€ por tempada. A instalación segue en pé no mesmo lugar e Nigrán. No caso de Baiona o concello iniciou un expediente de reposición que implicou a súa retirada.

O Concello de Nigrán fiscalizará a todas as asociacións veciñais, culturais e deportivas a fin de determinar cales delas fan uso de instalacións municipais.

A medida impulsada polo rexedor Alberto Valverde co apoio dos concellais de goberno, ten por obxectivo "solventar en el menor tiempo posible las disfunciones administrativas e tributarias" nas que poderían a estar a incorrer algunhas delas, segundo o acordo aprobado no derradeiro pleno. Nembargante para o PSOE , trátase dunha "vinganza" do rexedor pola oposición das entidades veciñais "ao xeito de levar a cabo a aprobación inicial do PXOM".

Para o PP, na actualidade por mor dos convenios asinados polas distintas alcaldías nos últimos dez anos, se ditaran normas "llegando a acuerdos y estableciendo reglas de funcionamientos dispares y en ocasiones encontradas" entre o concello as asociacións veciñais que fan uso de instalacións municipais e as que non. Para iso, o goberno popular decidiu levar adiante unha fiscalización que suporá un informe "jurídico-administrativo-financiero", de todas estas entidades con actividades no municipio, ca fin de posteriormente detectar "disfunciones administrativas e tributarias", e axeitar por último unhas relacións "equitativas y ajustadas a norma", entre os colectivos e o Concello.

As escolas de Surf de Patos na mira do alcalde
Nos "Antecedentes" que acompañan a resolución do acordo, o rexedor expón que "En al menos dos de los último informes realizados por el Sr. Interventor Municipal se indica la necesidad de revisar la situación administrativa y tributaria de las Escuelas de Surf sitas en Playa de Patos". Engadindo que no pleno de maio, un concelleiro da oposición indicou a necesidade "perentoria de revisar la situación mencionada."

Para o PSOE o alcalde quere "rematar coa labor histórica das entidades veciñais".
Os socialistas temen que o alcalde actúe por vinganza ante as asociacións veciñais que amosaron a súa oposición ante a aprobación inicial do PXOM. Agregan que "alegando que moitas delas non cumpren coa legalidade", o rexedor pretende que as que utilicen instalacións municipais "deben facerse cargo de todos os gastos que xeran".

Denuncian que no debate da corporación Alberto Valverde afirmou que "hai clubs de fútbol y baloncesto que usan instalaciones municipales e incluso en los campos de fútbol hay actividad económica con ingresos de cantinas sin pagar impuestos e incluso vendiendo alcohol" e os Clubs de Surf da Praia de Patos con "instalaciones ilegales a todas luces y generando ingresos usando espacios municipales". Nese senso sinalan que é "curioso que Alberto Valverde acuse de xeito sistemático as Escolas de Surf de Patos cando non perde ocasión despois para fotografarse ao seu lado sen darse conta que as Escolas de Surf de Patos son agora mesmo un activo de gran importancia para o noso municipio".

Para os socialistas "o PP ten un desmesurado afán recadatoiro que únese ao control que Alberto Valverde intenta levar a cabo das entidades veciñais, culturais e deportivas que intentará con esta medida privalas da súa histórica independencia".

Pola súa banda, o rexedor defendeuse das acusacións da oposición sinalando que o único que intenta o acordo é eliminar posibles discriminacións que podan ter lugar na actualidade. Á vez sinala que os colectivos veciñais "conocen en primera persona el apoyo y el respaldo que el actual gobierno municipal tiene para con ellos ", así como a labor desenvolvida na procura de apoios de Valverde ante a Deputación de Pontevedra "el cual está siendo también importante.