Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN amosa preocupación por un posible pelotazo urbanístico agochado no futuro PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Momento durante o último plenoO portavoz Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), esixe ao alcalde Alberto Valverde, que aclare canto antes, "que cosas oscuras han sucedido entorno al PXOM, y explique todos los teje manejes vividos en los últimos meses”. O edil centrista refírese ás mutuas acusacións no último pleno de Nigrán entre o alcalde Valverde e o seu ex tenente de alcaldía Ignacio Vilas. “Acusaciones que incluso han llegado a desvelarse, de algún posible pelotazo urbanístico en el PXOM, así como presuntas conexiones entre el equipo redactor y algún gabinete de arquitectura, por lo que se han encendido todas las alarmas y sembrado graves sombras sobre el futuro -cada vez más incierto- del Plan”, sinala Fernández.

Veciños de Chandebrito denuncian o estado de abandono da parcela da escola infantil.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Veciños "Chandebrito 1807", denuncia que solicitou hai meses e por escrito ao Concello de Nigrán que realizara de xeito urxente os necesarios traballos de roza e poda de piñeiros na parcela de titularidade municipal na que se sitúa na antiga escola infantil desta parroquia (sen actividade escolar dende o ano 2009).

Un centenar de coches piden en caravana a retirada do Vial que afecta a 37 viviendas.

Correo-e Imprimir PDF

A caravana rematou coa lectura dun manifesto por parte dos afectados.Un centenar de coches pediron onte en caravana a retirada do vial trazado no plan xeral de urbanismo.

A caravana partiu dende o Torreiro de Priegue pasadas ás 17horas, e finalizou duas horas máis tarde diante do Concello.

Centos de coches ocuparon onte un treito de 1,5 km  en caravana para facer visible a súa protesta e o seu malestar pola decisión do concello de trazar un vial de alta capacidade que afecta a 37 familias segundo os datos da plataforma.

Marcha de coches en Nigrán contra a vía que ameaza con partir en dous o municipio

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz Nigrán - Non o VialMedio centenar de familias do municipio de Nigrán seguen sumando apoios na súa particular loita contra o trazado dunha vía de alta capacidade denominada "Balsa-Saiáns-Porto do Molle - Xunqueira" que figura no PXOM de Nigrán aprobado inicialmente o pasado mes de xuño.

O trazado afecta a 37 vivendas e medio centenar de propiedades, sen que medie até o momento xustificación técnica e económica algunha que fagan viable o trazado, denuncia a veciñanza. Ademais critican que a infraestrutura dividiría en dous o concello. Pénsano por de manifesto cunha caravana de vehículos que se desenvolverá este sábado ás 17 horas partindo do Torreiro de Priegue e rematará no Concello de Nigrán.

A Policía Local detén a un veciño de Nigrán por un delito de violencia de xénero.

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Local de Nigrán comunica que procedeu á detención dun veciño da localidade de 51 anos de idade que responde ás iniciais de E.V.A. por violencia de xénero. A chamada dun veciño por unha forte discusión nunha vivenda próxima á súa alertou ao corpo de seguridade local, que se desprazaron ata a casa en cuestión.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL