Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños de Chandebrito denuncian o estado de abandono da parcela da escola infantil.

Veciños de Chandebrito denuncian o estado de abandono da parcela da escola infantil.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Veciños "Chandebrito 1807", denuncia que solicitou hai meses e por escrito ao Concello de Nigrán que realizara de xeito urxente os necesarios traballos de roza e poda de piñeiros na parcela de titularidade municipal na que se sitúa na antiga escola infantil desta parroquia (sen actividade escolar dende o ano 2009).
Sinalan que este terreo, duns 2.000 m2 permanece dende entón en estado de abandono, cos xogos do parque infantil estragados e o seu terreo forestal ateigado de maleza (xestas, toxo, etc.), con piñeiros cheos de pólas que caen constantemente, causando con elo “riscos de incendio e de accidentes ao caer ramallos sobre o citado parque no que xogan os cativos”.

O colectivo argumenta que varios pais e nais da parroquia veñen denunciando esta situación, da que se fixo eco a asociación, que advirte que se o Concello non actúa, “como é a súa responsabilidade, terá que adoptar medidas, tales como acondicionar o lugar pola súa conta con voluntarios; ao igual que está facendo no caso do monte veciñal en man común lindeiro ás vivendas e tamén no que existen bens culturais, para evitar que no caso de incendio forestal non cause danos irreparables”.