Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Condenados 20 veciños de Chandebrito a 5 meses de cárcere por acoso a unha familia.

Condenados 20 veciños de Chandebrito a 5 meses de cárcere por acoso a unha familia.

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito

 

Cinco meses de cárcere ditaminou hoxe a xustiza para 20 veciños da parroquia de Chandebrito por acosar a unha familia do vecindario.  Resistencia á autoridade, sedición e coaccións imputou o xuíz da 5ª Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra aos condenados. Por riba, deberán pagar unha indemnización de 6.000 euros entre todos, ás vítimas.

A familia Gallego - Freire denunciara hai dez anos unha serie irregularidades urbanísticas que implicaban a varios veciños da parroquia de Chandebrito, en Nigrán. Varios destes, en resposta tomaron represalias cos denunciantes: pedradas, rotura de cristais, e ata un cóctel molotov que non chegou a estallar. A isto sumouse unha garda de hostigamento durante día e noite que puxo a familia en vilo durante varias xornadas.

A causa, nun principio con 33 acusados, rematou coa condena a 20 deles, e unha rebaixa na pena,  que nun principio era de 23 meses.