Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Un incendio nunha estación de Movistar en Ramallosa deixa sen servizo a unha parte do Val

Correo-e Imprimir PDF

Subestación de Movistar na RamallosaUn incendio ás 3:00 horas da mañá do sábado, nun transformador da central de Telefónica (Movistar) en A Ramallosa provoca un apagón nas comunicacións que dura xa 13 horas.

O corte de comunicacións afectou mesmo ao equipo de emerxencia de protección civil que non contan con emisoras directas coa Garda Civil  e teñen que realizar as chamadas de emerxencia por teléfono móvil.

 

A AVV de Nigrán atenderá este domingo ás preguntas dos veciños referente ao PXOM

Correo-e Imprimir PDF

asociacions nigran csO próximo domingo 14 de xullo ás 11 da mañá, no colexio público Humberto Juanes en Vilameán, a Asociación de Veciños Dunas de Nigrán celebrará unha asamblea extraordinaria para informar sobre o Plan Xeral e resolver todas aquelas dúbidas que poidan xurdir a todos os veciños e veciñas.

A reunión contará coa presencia do abogado urbanismo Calixto Escariz ao que se lle poderá facer as consultas de xeito gratuíto sobre temas particulares e xerais.

 

UCN denuncia a desaparición da ducha da Praia das Canas en Patos.

Correo-e Imprimir PDF

ducha-patos
-Os centristas responsabilizan ao rexedor local polos atrancos á hora de adquirir as tarxetas que habilitan o uso das duchas de prepago.

UCN denuncia atrancos no sistema de prepago para o servizo de duchas nas praias de Nigrán. O concelleiro Antonio Fernández Comesña, sinala que cando os usuarios acuden a comprar as tarxetas ao Concello, atópanse coa “desagradable sorpresa”, da negativa a poder pagar o importe na Recadación municipal.

Vaga de roubos en Nigrán. Patacas e ovellas son os novos obxetivos dos cacos.

Correo-e Imprimir PDF

Dende fai unhas semanas as zonas do rural sofren unha vaga de roubos en leiras e cortellos.

Varios veciños denunciaron roubos de campos enteiros de patacas ou mesmo o roubo de ovellas.

Area Fofa, bandeira azul con "tropezóns"

Correo-e Imprimir PDF

Rampa de acceso en Area FofaOs bañistas da praia de Area Fofa en Nigrán, galardoada recentemente coa bandeira azul, quéixanse do estado precario que presenta as pasarelas de acceso ao areal.

Un bañista tropezaba onte caindo ao chan, por mor das láminas de madeira rotas e levantadas que presenta a pasarela e a rampa de acceso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL