Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Verdegaia denuncia maltrato animal no circo instalado en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Tigres de Siberia nun espectaculo circense -Foto prensalibre.comCritica que hai tigres de Siberia que teñen que soportar 30º. Por iso, esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais.

A asociación ecolóxica Verdegaia acaba de denunciar un novo caso de maltrato animal. Nesta ocasión, nun circo que estes días actúa en Nigrán. Así, critica que nas instalacións do circo Wonderland existen tigres de Siberia que tiveron que soportar temperaturas de 30º.

Detención de dous mozos por presunto roubo con forza nun local de Praia América

Correo-e Imprimir PDF

Durante a madrugada deste luns efectivos da Policía Local de Nigrán, en colaboración coa Garda Civil do posto de Baiona, procedeu á detención de dous mozos que responden ás iniciais R.B.O.P e M.I.M , ambos os dous residentes en Vigo os que se introduciron nun local de Praia América a través dunha fiestra da devandita instalación.

O PSOE denuncia o abandono no que se atopa o parque infantil de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

Parque-Priegue2O parque infantil do Torreiro de Priegue" leva máis de seis meses sen limpar e as herbas xa cobren parte dos poucos elementos destinados aos cativos", denuncian dende o PSOE de Nigrán. Os socialistas instan ao alcalde Alberto Valverde que ordene "ao menos unha limpeza de entullo e maleza" do lugar.

As tarxetas das duchas de Nigrán deixan máis dun 100% de déficit e están en 6 linguas menos en galego.

Correo-e Imprimir PDF

Tarxetas2-O PSOE denuncia  que o Concello de Nigrán pagou máis dun 100% aumento co respecto á primeira compra á empresa catalá provedora  das tarxetas.

- “Cada tarxeta cústalle a un visitante de Nigrán 1€ mentres os veciños e veciñas do municipio deben abonar 2,18€ máis os 1,18€ de déficit das tarxetas dos visitantes”, sinalan dende o PSOE.

- A información que se presenta nas tarxetas ven en castelán, catalán, inglés, francés, alemán e italiano pero non en galego

Veciños opóñense á desfeita da vía de alta capacidade polo corazón de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Trazado do vial e zona de afección en San PedroUn centenar de afectados polo vial denominado Balsa-Saiáns-Porto do Molle, reuníuse o pasado martes en Nigrán para avaliar o grao de afección desta infraestructura que aparece delimitada cunha reserva de solo no documento do PXOM  que foi aprobado inicialmente.

Piden o uso da autoestrada infrautilizada AG57 como alternativa á construcción deste novo vial, ou á á busqueda de alternativas e melloras do transporte público existente.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL