Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Verdegaia denuncia maltrato animal no circo instalado en Nigrán

Verdegaia denuncia maltrato animal no circo instalado en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Tigres de Siberia nun espectaculo circense -Foto prensalibre.com

Critica que hai tigres de Siberia que teñen que soportar 30º. Por iso, esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais.

A asociación ecolóxica Verdegaia acaba de denunciar un novo caso de maltrato animal. Nesta ocasión, nun circo que estes días actúa en Nigrán. Así, critica que nas instalacións do circo Wonderland existen tigres de Siberia que tiveron que soportar temperaturas de 30º.

 

"A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste en abandonar a utilización de animais", suliña nun comunicado. E é que este espectáculo tamén utiliza camelos, avestruces, poneis, bois e sete tigres de Siberia. "Son animais extraídos do seu hábitat natural, forzados a vivir en condicións aberrantes para á súa natureza, e adestrados para desenvolver actividades antinaturais para lecer dos humanos", apunta.

Contra as administracións locais

Por iso, pídelle ás administracións locais que "recapaciten" sobre as eventuais vantaxes da realización deste tipo de exhibicións no territorio que administran. "Os cativos, que son xeralmente o público maioritario, reciben unha versión terxiversada e falsa dos animais, resultando de todo anti pedagóxico. Moi distante dunha educación ambiental que ensine a observar, comprender, respectar e amar as demais formas de vida", denunciua.

Deste xeito, solicitará ao Concello de Nigrán, tal como xa o fixo en Vigo, que deixe de promover e apoiar actividades que supoñan calquera tipo de maltrato.