Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Detención de dous mozos por presunto roubo con forza nun local de Praia América

Detención de dous mozos por presunto roubo con forza nun local de Praia América

Correo-e Imprimir PDF

Durante a madrugada deste luns efectivos da Policía Local de Nigrán, en colaboración coa Garda Civil do posto de Baiona, procedeu á detención de dous mozos que responden ás iniciais R.B.O.P e M.I.M , ambos os dous residentes en Vigo os que se introduciron nun local de Praia América a través dunha fiestra da devandita instalación.

Segundo o informe oficial, no momento da actuación policial, un deles se atopaba xa na rúa mentres que outro foi sorprendido no interior do local. Durante a acción, os presuntos delincuentes terían levado o caixón da caixa rexistradora, onde só había varias moedas.

Estes terían desprazado ao lugar nun vehículo furgoneta onde se localizou diversos materias e ferramentas, que segundo a policía son de uso habitual neste tipo de delitos.

A policía abriu dilixencias para a posta a disposición xudicial dos individuos e o vehículo foi retirado ao depósito municipal e posto tamén a disposición da xustiza.