Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE denuncia o abandono no que se atopa o parque infantil de Priegue.

O PSOE denuncia o abandono no que se atopa o parque infantil de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF
Parque-Priegue2

O parque infantil do Torreiro de Priegue" leva máis de seis meses sen limpar e as herbas xa cobren parte dos poucos elementos destinados aos cativos", denuncian dende o PSOE de Nigrán. Os socialistas instan ao alcalde Alberto Valverde que ordene "ao menos unha limpeza de entullo e maleza" do lugar.

O portavoz do PSOE, Juan González, sinala que as instalacións presentan un aspecto de "total abandono a pesar de tratarse do único parque do que dispón a parroquia de Priegue e de estar na praza do Torreiro fronte o Auditorio do Centro Cultural e a carón da tristemente pechada Escola Unitaria".
O concelleiro denuncia que mentres o alcalde de Nigrán anuncia inversións nos parques infantís de Nigrán, "esquece por completo o parque infantil do Torreiro de Priegue", polo que pide "o mesmo trato para todos" os cativos do concello, "sexa cal sexa a súa parroquia de residencia".