Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Tras medio século de docencia, pechan as aulas da escola de Chans de Priegue .

Correo-e Imprimir PDF

Escola-Unitaria-Priegue2Tan só catro nenos concorreron durante o curso 2012/2013 á escola infantil de As Chans en Priegue. A Consellaría de Educación decidiu o seu peche para o vindeiro período escolar en nome dunha “xestión eficiente”, por contar con menos de 6 alumnos. Os catro cativos serán derivados ao veciño CEIP Humberto Juanes. Con este xa son catro os centros de ensino que pechan as súas portas en Nigrán nos últimos cinco anos.

Os veciños de Nigrán mobilízanse contra a nova autovía do Plan Xeral

Correo-e Imprimir PDF

Plataforma en Facebook contraria ao vialA asociación de veciños de Nigrán mobiliza á veciñanza para asistir a unha reunión informativa aberta o próximo martes ás 20:30 no local da asociación no camiño do labrego no Ceán.

A reunión contará coa asistencia de varios técnicos e xuristas que informarán da situación desta vía de alta capacidade trazada polo goberno municipal no actual Plan Xeral e que actualmente se atopa en período de alegacións e a exposición pública ate o mes de outubro.

O PSOE denuncia o abandono do proxecto de posta en valor do patrimonio de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Panel de interpretación rotoOs socialistas denuncian que o sendeiro que da acceso ao Castro de Chandebrito e aos muíños de auga permanece inaccesible.

As sinalizacións de interpretación están rotas e permanence tiradas no chan, mentras os muiños permanencen ocultos baixo a maleza.

Nigrán encabeza o ranking de concellos galegos con maior destrución da súa costa, segundo Greenpeace.

Correo-e Imprimir PDF

monteferro-praias-nigranNo seu informe anual "Destrucción a toda costa", recentemente presentado, a organización ecoloxista Greenpeace sinala a Nigrán á cabeza da urbanizacións dos primeiros 500 metros da franxa costeira en Galicia, cunha ocupación do 71% da mesma. Nun ranking da "magnitude de destrución" deste espazo en Galicia, seguen a Nigrán as cidades de Vigo e Pontevedra cun 70%, o 69% na Coruña e o 68% en Fene.

Deficiencias xurídicas na aprobación inicial do PXOM de Nigrán poderían provocar unha declaración de nulidade.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de aprobación incial do PXOMCatorce reparos de legalidade feitos pola Intervención municipal ao PXOM de Nigrán e non levantados polo pleno antes da súa aprobación inicial poderían deixar nulo o documento. Así o denuncia o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), nun escrito que acaba de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza y Administración Local da Xunta de Galicia, así como ante a Subdelegación do Goberno.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL