Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Tras medio século de docencia, pechan as aulas da escola de Chans de Priegue .

Tras medio século de docencia, pechan as aulas da escola de Chans de Priegue .

Correo-e Imprimir PDF
Escola-Unitaria-Priegue2

Tan só catro nenos concorreron durante o curso 2012/2013 á escola infantil de As Chans en Priegue. A Consellaría de Educación decidiu o seu peche para o vindeiro período escolar en nome dunha “xestión eficiente”, por contar con menos de 6 alumnos. Os catro cativos serán derivados ao veciño CEIP Humberto Juanes. Con este xa son catro os centros de ensino que pechan as súas portas en Nigrán nos últimos cinco anos.

Desde o goberno de Nigrán aseguran que ninguén queixouse do peche.

A concelleira de Educación de Nigrán, Ana Rosa Costa Abalde, asegura que os nenos serán recollidos polos autobuses do novo centro, segundo declaracións feitas ao xornal Atlántico. “Este hecho no generó problema alguno entre la familias afectadas, además de que el centro educativo de Nigrán posee unas instalaciones más preparadas que las de Priegue, en este colegio, los alumnos disfrutan de unas infraestructuras adecuadas a sus necesidades tales como gimnasio, comedor así como un mayor número de docentes”, explicou a edil ao mesmo xornal.

PSOE e UCN-CDL opóñense á medida.

Para a oposición trátase dunha medida “regresiva”, en opinión de UCN, e un verdadeiro “ataque” ao ensino de calidade nas parroquias para o PSOE. Nese senso, o concelleiro Antonio Fernández (UCN-CDL), lembra que a escola comezou as súas actividades na década dos 60, cando a  situación económica era “de auténtica penuria”, nembargante co esforzo da veciñanza se logrou que unha multitude de veciños pasaran polas súas aulas, se potenciaran as súas infraestruturas e que Priegue “unha parroquia moi espallada”, tivese un servizo adecuado. Que agora se queiran pechar unidades escolares no medio rural por parte da Xunta “es un claro retroceso”, sinala o edil centrista.

Coincidentes co xeito de que medida é un “inconveniente para as familias de Priegue”, o concelleiro Juan González (PSOE) entende que o seu desmantelamento implica un novo “golpe para o rural”. Denuncia que trátase “dun ataque ao sistema público educativo”, que afecta ás familias, “obrigadas a ter o seus fillo nos transporte”. Salienta que a medida da Xunta “realmente pouco aforra e causa máis problemas que solucións”.

Catro escolas menos en 5 anos.

O rural de Nigrán perdeu as escolas unitarias de Cotros (San Pedro), Balinfra (Camos), Chandebrito e agora As Chans de Priegue nos últimos anos. Fernández Comesaña (UCN-CDL), responsabiliza tanto ao goberno de Efrén Juanes (PSOE) como ao de Alberto Valverde (PP) por “antepoñer os intereses do seu propio partido” aos dos veciños de Nigrán, no senso que estas medidas foron adoptadas con gobernos de ambos os dous grupos políticos no local e no autonómico. No caso da escola de Priegue, Fernández lamenta a “total sumisión” con que o  actual rexedor de Nigrán asume a decisión da Xunta.

Pola súa banda, os socialistas reclaman a Valverde que “se posicione ante a Xunta de Galicia defendendo os intereses dos nenos de Priegue que perderán un centro educativo de referencia”.