Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Deficiencias xurídicas na aprobación inicial do PXOM de Nigrán poderían provocar unha declaración de nulidade.

Deficiencias xurídicas na aprobación inicial do PXOM de Nigrán poderían provocar unha declaración de nulidade.

Correo-e Imprimir PDF
Pleno de aprobación incial do PXOM

Catorce reparos de legalidade feitos pola Intervención municipal ao PXOM de Nigrán e non levantados polo pleno antes da súa aprobación inicial poderían deixar nulo o documento. Así o denuncia o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), nun escrito que acaba de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza y Administración Local da Xunta de Galicia, así como ante a Subdelegación do Goberno.

A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal foi levada a cabo cos únicos votos favorables do  PP, en contra de todos os grupos de la oposición (PSOE-BNG e UCN), os que consideraban que o documento non é “conforme a dereito”, segundo Fernández. O edil sinala que ao non terse en conta os catorce reparos de legalidade formulados pola Intervención municipal no seu informe, debeuse suspender a súa tramitación.

Agrava a situación o feito que as pegas do técnico non foron levantadas polo pleno segundo o disposto no artigo 217.2 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, o que converte o acordo de aprobación inicial do PXOM, “nulo de pleno derecho, por lo que procede suspender su exposición pública”, afirma Fernández Comesaña.

Por outra banda, UCN tamén solicita devolver o PXOM ao equipo redactor, para que sexan corrixidas todas as deficiencias formuladas polos técnicos municipais nos seus informes. O concelleiro Fernández Comesaña fai finca pé no referido a la inviabilidade económico-financiera e memoria de sostenibilidade económica,” que deberán ser reelaboradas en su totalidad, para adaptarlas a la Ley y al Derecho, antes de la aprobación inicial, tal y como indicaba el Interventor en su informe”, sinala. Circunstancia que de forma “intencionada”, segundo o edil opositor “el alcalde ignoró, abocando con su torpeza, a una inseguridad jurídica muy peligrosa, que puede acabar ser anulado por los tribunales, de no corregirse a tiempo”.

Todo isto podería levar ao PXOM ao fracaso, sinala Fernández, quen responsabiliza ao rexedor popular Alberto Valverde, “ por su obsesión de querer convertir el documento del PXOM en el Plan del PP, sin consensuar con grupos políticos ni colectivos sociales”.