Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A oposición sinala que a saída de Vilas do goberno serve para que “as decisións sobre Nigrán” xa non sexan “as decisións do PP”.

Correo-e Imprimir PDF

O cese do tenente de alcalde abre un novo esceario político en NigránTras o cese do tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo Ignacio Vilas, e a súa renuncia á militancia no Partido Popular, o pleno da corporación queda integrado con 8 concelleiros do PP, 6 do PSOE e 3 do Grupo Mixto (1 BNG, 1 UCN-CDL, ao que sumará agora o novo non adscrito).

A perda da maioría absoluta do Partido Popular en Nigrán abre un novo escenario político nos futuros dous anos do mandato do rexedor Alberto Valverde.

Veciños inician unha campaña de recolla de sinaturas contra o trazado da nova autovía urbana prevista para Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O candidato Ñúnez Feijoo nunha visita a Gondomar no ano 2008 para rexeitar o plan viario do Vigo Íntegra.A campaña iniciouse o pasado sábado coa recollida de sinaturas na zona comercial de Ramallosa paralelo a outra petición através da plataforma Change.org

O próximo sábado 21 teñen organizada unha caravana de protesta que percorrerá as principais vías do municipio para facer visible o rexeitamento e informar do proxecto ao resto de veciños.

Piden o cumprimento dos compromisos acadados por toda a corporación no ano 2010, así como o uso da infraestructuras existentes e a mellora no servizo de transporte público como alternativas ao trazado dunha nova autovía.

O PXOM  devalúa a clasificación do solo das propiedades por onde pasa o trazado para reducir as cuantías das indemnizacións no caso de expropiacións.

Cunha acusación de transfuguismo, o alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Urbanimo, Ignacio Vilas

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde, Núñez Feijoo e Ignacio Vilas - Foto Xunta de GaliciaO concelleiro de urbanismo e man dereita do alcalde de Nigrán ,Ignacio Vilas, renuncia por escrito a todos os seus cargos.
O rexedor municipal cesou hoxe do seu cargo ao concelleiro de Urbanismo e Tenente de Alcalde, ao que acusa de "tránsfuga".
O xa ex-tenente de alcalde e ex-concelleiro de Urbanismo e medioambiente, Ignacio Vilas, manifestou nestes días que as súas explicacións e motivos os daría no próximo pleno municipal.

UCN advirte de que a Xunta podería anular o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Sesión plenaria a porta pechada para a aprobación inicial do PXOM de NigránO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal, (UCN-CDL) Antonio Fernández, advirte que a aprobación inicial da PXOM, podería considerarse anulable, de conformidade co artigo 63 de lei 30/92, do 26 de novembro, da lei de procedemento administrativo, segundo despréndese do escrito presentado por UCN o pasado 29/7/13, ante a Dirección Xeral de Administración Local, da Xunta de Galicia, impugnando o acordo de aprobación inicial, ao considerar nulo de pleno dereito, por non ser levantados os 14 reparos de legalidade formulados pola Intervención municipal.

Declarado un novo lume no Monte Castelo

Correo-e Imprimir PDF

As 21:10 alertan do inicio dun lume no Monte Castelo. Os dispositivos de incendios do Ges Val Miñor, Tragsa e un axente diríxense cara ó lugar.

O lume quedou sofocado pasadas as 23h sin que trascendese máis información oficial sobre o acontecido.


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL