Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños inician unha campaña de recolla de sinaturas contra o trazado da nova autovía urbana prevista para Nigrán

Veciños inician unha campaña de recolla de sinaturas contra o trazado da nova autovía urbana prevista para Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O candidato Ñúnez Feijoo nunha visita a Gondomar no ano 2008 para rexeitar o plan viario do Vigo Íntegra.
Cartaz da convocatoria
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A campaña iniciouse o pasado sábado coa recollida de sinaturas na zona comercial de Ramallosa paralelo a outra petición através da plataforma Change.org

O próximo sábado 21 teñen organizada unha caravana de protesta que percorrerá as principais vías do municipio para facer visible o rexeitamento e informar do proxecto ao resto de veciños.

Piden o cumprimento dos compromisos acadados por toda a corporación no ano 2010, así como o uso da infraestructuras existentes e a mellora no servizo de transporte público como alternativas ao trazado dunha nova autovía.

O PXOM  devalúa a clasificación do solo das propiedades por onde pasa o trazado para reducir as cuantías das indemnizacións no caso de expropiacións.

Medio centenar de familias de Nigrán seguen sumando apoios na súa particular loita contra o trazado dun vial de alta capacidade denominado "Balsa-Saiáns-Porto do Molle - Xunqueira" que figura no PXOM de Nigrán aprobado inicialmente o pasado mes de xuño. O trazado afecta a máis de 30 viviendas e medio centenar de propiedades, sen que medie até o momento xustificación técnica e económica algunha que fagan viable o trazado.

Nigrán non quería o vial.

O orixe deste trazado viría por unha imposición da cidade olívica, coa intención de conectar coa polémica Ronda de Vigo, ou Ronda de Coruxo que prentendía comunicar o polígono de Matamá co polígono de Porto do Molle. O citado proxecto espertou unha polvareda de rexeitamento veciñal en Vigo, particularmente en Coruxo, onde veciños e ecoloxistas plantaron cara ao goberno local e a Xunta pola grande afeccion que supuña para as familias e o destrozo programado das covas do Folón de Coruxo, a novena cova granítica máis longa do mundo e a terceira de Europa.  Deste xeito o proxecto foi retirado do PXOM de Vigo, pero volvería a ser "desempolvado" durante o mandato de Perez Touriño e María José Caride, ao mando da consellería de Política Territorial, baixo o nome de "Vigo Íntegra". O citado proxecto volveu a levantar as críticas de todos os colectivos e partidos. Un dos principais opositores foi o propio Partido Popular de Galicia, que se opuxo de plano á realización dos proxectos descritos neste plan sectorial. Así os Populares de Galicia, de Pontevedra, de Nigrán e Vigo rexeitaron os trazados precisamente pola grave afección que supuñan para as familias, e os tacharon de "chapuceros"

Mudados os dous gobernos, municipal e autonómico, o vial volve a porse enriba da mesa enmascarado baixo o nome de "Plan Move". Unha declaracións de intencións da Xunta de Galicia que ainda non se puido materializar ao non contar con ningún compromiso orzamentario nin estar xustificada a súa viabilidade. A premisa dese Plan Move era a mesma que promovía o Vigo Integra do bipartito: conectar aos cidadáns a menos de 30 minutos dunha vía de alta capacidade, promovendo así o uso do vehículo privado, en contra de promover alternativas de transporte colectivo. Un erro do que ainda se está a pagar factura, logo das numerosas e carísimas infraestructuras viarias que se atopan agora mesmo desertas e a piques de seren rescatadas ante a falta de tráfico.

Segundo os afectados, a necesidade deste vial de alta capacidade non queda xustificada no documento do PXOM. Sinalan que non existe un estudio de mobilidade que xustifique a necesidade deste vial, que analice outras alternativas de transporte ou mesmo un plan sectorial supramunicipal que o conteña.  "A pesar de que o alcalde informou en numerosas ocasións de que se trataba dunha imposición da Xunta de Galicia, o certo é que a nivel autonómico non existe ningún documento que obrigue a incluílo no PXOM polo que o goberno municipal é o único responsable desta decisión someténdose ós desexos do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. O propio Alberto Valverde, cando estaba na oposición criticou duramente este vial e mesmo presentou alegacións contra o mesmo." sinala un dos afectados.

Afección, expropiacións e devualuación das propiedades.

A execución prevista deste vial pola vía de expropiación, afecta a un significativo número de vivendas, empresas e outras edificacións que terán que ser expropiadas para poder construir esta infraestructura. Noutros casos, un elevado número de vivendas e parcelas quedarán baixo a zona de afección (30 m a cada lado da calzada) "O alcalde de Nigrán mentíu ós veciños en numerosas ocasións ó afirmar que estableceran a condición de que non afectará a ningunha casa."

Pero a redacción do PXOM esconde un dardo envelenado aos propietarios. As parcelas polas que discorre o trazado en moitos dos casos eran parcelas urbanas, cun alto valor de mercado. O PXOM devalúa esas parcelas a sólo rústico de protección ordinaria, devaluando así o prezo que deberá pagar a administración polas expropiacións, pasando dun valor medio de 350€/m2  a un valor de 300 euros por metro lineal, segundo figura nos documentos do plan xeral. Unha medida que consideran abusiva e premeditada en beneficio da administración. "A adminsitración do estado cóbranos aos veciños impostos según o valor do suelo, impostos na compra-venda según o valor de mercado, pero á ahora de que chegue unha expropiación pretenden devaluar as propiedades e pagar o que lles pete ou o que o estado poida pagar nese momento". "Se a isto sumamos o feito de que o vial non ten continuidade nos concellos limítrofes (Baiona e Vigo) conclúese que este vial debe ser eliminado do documento do PXOM e deberíase esixir o uso libre de peaxe da autoestrada AG-57, unha auopista que perdeu un importante tráfico e que constitúe unha verdadeira circunvalación do concello de Nigrán, de interconexión cos outros concellos do Val miñor e co resto da área metropolitana de Vigo, tal e como apuntaba a alegación do alcalde cando estaba na oposición."

O trazado do vial percorre zonas densamente poboadas o que provocará un incremento dos ruidos por tráfico e a fractura de solos de núcleo rural. O concello plantexa este vial de alta capacidade como a principal vía de comunicación para o tráfico pesado que puidera xerar o parque empresarial de Porto do Molle, deixando de lado o aproveitamento da autoestrada AG-57 que na actualidade conecta todo o entramado industrial e loxístico da área metropolitana de Vigo e do resto do estado. De feito a citada autoestrada atópase agora mesmo dentro do estudo de viabilidade encargado pola Consellería de Medioambiente para analizar o seu futro logo do desecenso do 14% do tráfico, sendo a segunda autoestrada de Galicia que máis tráfico perdeu no último ano.

Recolla de sinaturas e apoios

A campaña de recolla de sinaturas e apoios comezou o pasado sábado e xa son máis 1500 persoas as que asinaron e apoiaron a iniciativa de oposición ao trazado deste vial. 

Así, afectados e veciños piden na Rede á Xunta e ao Concello a "retirada do trazado deste vial de alta capacidade e o estudo de alternativas de transporte e mobilidade para o municipio enfocadas á mellora do transporte público e o aproveitamento das infraestruturas existentes". Ademais, exixen tamén "o obrigado cumprimiento dos acordos alcanzados no pleno extraordinario do 29 de xullo de 2010".

Así o recolle as peticións de apoio na plataforma Change.org e manteñen activa una páxina en Facebook

O vídeo publicado en Youtube coa simulación do trazado conta xa con 1300 visitas, aupadas recentemente pola campaña iniciada en internet.

Caravana contra o vial.

O próximo sábado 21 de setembro ás 17h está prevista caravana de protesta. O percorrido partirá dende o Torreiro de Priegue cara a Prado, Patos, Madorra, Panxón, Praia América, Lourido, Ramallosa, Maión e rematará no Concello de Nigrán.

Dim lights Embed Embed this video on your site