Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O imposto de saneamento en Nigrán sube o 130% nun ano

Correo-e Imprimir PDF

Francisco Menendez, presidente de Augas de Galicia, e Alberto Valverde nunha charla sobre o Canon da Auga en PrieugeOs veciños de Nigrán experimentaron unha suba do recibo de saneamento do 131% en tan só un ano.

Os impostos da Xunta de Galicia relativos aos coeficientes de vertedura incrementaron os recibos dos contribuíntes dos 9€ pagados en xuño de 2012 aos 20€ que tiveron que abonar en xuño de este ano.

Galicia paga de media un 120% máis pola auga que Andalucía, a zona máis seca da península.

Veciño denuncia maltrato policial tras fotografar a unha patrulla de Nigrán mal aparcada mentres multaba coches na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

coches esquivan
O mozo Marcio Andre Cunha (veciño de Gondomar residente en Vigo), denuncia o abuso policial ao que foi sometido por fotografar a unha patrulla de Nigrán que mal aparcada sobre a Avenida de Portugal (ver fotografías), procedía a multar coches estacionados nesa concorrida zona de bares da Ramallosa. O denunciante, segundo infomormou a esta redacción, foi esposado e trasladado á comisaría de Nigrán, onde, segundo afirma, os axentes locais presionárono para que facilitase a clave de desbloqueo do seu móbil e así borrar as imaxes comprometedoras. A detención con violencia provocoulle unha lesión no pé que debeu ser atendida en urxencias da Xunqueira. Posteriormente foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Baiona, onde permaneceu nun calabozo ate as 10 da mañá do venres. Na vindeira semana terá lugar a primeira audiencia sobre o caso en sede xudicial de Vigo.

A Xunta licita o polémico proxecto de ampliación da estación de auga potábel de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Visita-do-conselleiro-AgustLogo da aprobación do acordo de colaboración técnico-financieiro co Concello de Nigrán, o pasado mes de abril, a Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de ampliación da estación Condomínguez para o tratamento da auga potábel  (ETAP). Esta actuación contará cun orzamento de 1,1 millóns de euros que financiará na súa totalidade a administración autonómica. Préstamo que deberán amortizar con xuros as arcas de Nigrán nun prazo de vinte anos.

Os veciños de Nigrán convocan unha nova reunión para tratar o problema do vial do PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Imaxen do trazado pola parroquia de San PedroA reunión está convocada para este martes 3 de setembro no local da AAVV Dunas de Nigrán.

A reunión é aberta a todos os veciños.

Socialistas responsabilizan ao PP e a Xunta pola redución dos servizos de liña de ATSA.

Correo-e Imprimir PDF

atsa-baionaO PSOE denuncia que a Xunta de Galicia segue sen desautorizar á empresa concesionaria do servizo de transporte público, ATSA, na súa "pretensión de redución drástica do servizo". Nese senso o portavoz Juan González (Nigrán), sinala que "En Chandebrito, Camos, Panxón e Parada o servizo público de viaxeiros quedará reducido ao mínimo".
Os socialistas tamén rexeitan as declaracións do rexedor de Nigrán, Alberto Valverde (PP), nas que sinalaba ao alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE) como responsable da falla de funcionamento do órgano supramunicipal que podería solucionar o problema do transporte público metropolitano.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL