Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciño denuncia maltrato policial tras fotografar a unha patrulla de Nigrán mal aparcada mentres multaba coches na Ramallosa.

Veciño denuncia maltrato policial tras fotografar a unha patrulla de Nigrán mal aparcada mentres multaba coches na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
coches esquivan
testemunha1
policia luz apagada
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte


O mozo Marcio Andre Cunha (veciño de Gondomar residente en Vigo), denuncia o abuso policial ao que foi sometido por fotografar a unha patrulla de Nigrán que mal aparcada sobre a Avenida de Portugal (ver fotografías), procedía a multar coches estacionados nesa concorrida zona de bares da Ramallosa. O denunciante, segundo infomormou a esta redacción, foi esposado e trasladado á comisaría de Nigrán, onde, segundo afirma, os axentes locais presionárono para que facilitase a clave de desbloqueo do seu móbil e así borrar as imaxes comprometedoras. A detención con violencia provocoulle unha lesión no pé que debeu ser atendida en urxencias da Xunqueira. Posteriormente foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Baiona, onde permaneceu nun calabozo ate as 10 da mañá do venres. Na vindeira semana terá lugar a primeira audiencia sobre o caso en sede xudicial de Vigo.

A detención de Marcio

Segundo o relatado polo denunciante, todo comezou cando achegouse a un dos axentes no momento que fotografaba e multaba un coche aparcado nunha zona habilitada. O mozo tentou facerlle notar ao policía que o coche estaba ben nese lugar. Sempre segundo a versión do denunciante, preguntoulle se ía a multarlle recibindo por resposta “que recurra la multa si quiere”. Razón pola cal o rapaz procedeu a fotografar o vehículo, propiedade dunha amiga, como testemuño.

Posteriormente e “con total educación”, segundo Marcio, advertiu ao axente que “ustedes tendrían que ser los primeros a dar el ejemplo”, posto que o vehículo policial estaba “sobre a acera, e sen ningunha luz de sinalización”, obrigando aos coches que transitaban a avenida a pisar a liña  continua divisoria e invadir o carril contrario para evitarlo. Afirma que o axente contestoulle “quítale una foto si quieres”, polo que colleu o seu teléfono e procedeu a facer varias fotografías do mesmo.  “Cando vexo que o outro axente  da patrulla vén correndo cara a min e o anterior me empurra contra a parede dun edificio cunha brutalidade impresionante”.

O levan esposado e tras un ataque de ansiedade sufre unha lesión nun pé pola acción policial.

Marcio continúa o relato asegurando que o esposaron e o meteron no coche patrulla onde procederon a quitarlle o teléfono móbil. Posteriormente dirixíronse á ponte da Ramallosa onde deron conta do sucedido a unha patrulla da Garda Civil apostada no lugar. Mentres se desenvolvía o procedemento, o detido “que nunca tiña pasado por unha situación destas”, tivo un ataque de ansiedade que lle impedía respirar con normalidade. Pediu que abriran a porta do coche patrulla para respirar mellor, cousa que fixeron, máis cando intentou sacar a cabeza para respirar mellor, denuncia que foi novamente empurrado boca abaixo na patrulla e ao pechar con violencia a porta, atrapáronlle o pé provocando unha lesión.

Os dous móbiles saíron cara á comisaría de Nigrán, onde “un dos axentes con mi móbil na man me pide varias veces o patrón de desbloqueo coa intención de borrar as fotos”, sinala Marcio. Ante a negativa do detido de dar a coñecer as claves, os policías “intentaron adivinar o patrón de desbloqueo”, sen logralo. Todo isto en presenza dos axentes da Garda Civil, que segundo o denunciante, non fixeron nada para evitalo.

A médica da Xunqueira esixe que lle quiten as esposas.

Posteriormente tras reiterados peticións do detido, foi trasladado esposado ao servizo de emerxencias do Centro de Saúde A Xunqueira, para ser tratado da lesión do pé. Foi a  peticion da médica tratante que a policía procedeu a quitar as esposas. Ata ese momento os axentes non tiñan ainda procedido a identificación do detido.Feito que tivo lugar no centro de saude onde tamén foron identificados pola policía, un grupo de amigos de Marcio que foron ata o lugar.

Unha noite no calabozo do cuartel de Baiona

Finalmente foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Baiona, onde a policía de Nigrán presentou denuncia contra o detido por “violencia”. Por motivos que descoñece Marcio, non tivo lugar a vista inmediata co xuíz e debeu permanecer nun calabozo ata as dez da mañá do venres. Finalmente o propio Marcio presentou estes feitos como denuncia ante a Garda Civil e a próxima semana terá lugar a vista xudicial. O denunciante asegura que conta con máis de vinte persoas dispostas a confirmar o seu testemuño, os que xa asinaron un documento ao respecto.