Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas responsabilizan ao PP e a Xunta pola redución dos servizos de liña de ATSA.

Socialistas responsabilizan ao PP e a Xunta pola redución dos servizos de liña de ATSA.

Correo-e Imprimir PDF
atsa-baiona

O PSOE denuncia que a Xunta de Galicia segue sen desautorizar á empresa concesionaria do servizo de transporte público, ATSA, na súa "pretensión de redución drástica do servizo". Nese senso o portavoz Juan González (Nigrán), sinala que "En Chandebrito, Camos, Panxón e Parada o servizo público de viaxeiros quedará reducido ao mínimo".
Os socialistas tamén rexeitan as declaracións do rexedor de Nigrán, Alberto Valverde (PP), nas que sinalaba ao alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE) como responsable da falla de funcionamento do órgano supramunicipal que podería solucionar o problema do transporte público metropolitano.

"Mentres tanto o alcalde de Nigrán, en vez de defender os dereitos dos veciños e veciñas de Nigrán e esixir á Xunta de Galicia a paralización inmediata de esta proposta, culpa ao alcalde de Vigo de que ATSA coa complicidade da Xunta deixe a Nigrán sen servizo público de viaxeiros", sinalan dende o PSOE.
O PSOE insta ao Alcalde de Nigrán a que actúe "como verdadeiro Alcalde do municipio e dos seus cidadáns e que defenda ante a Xunta de Galicia e ante seu partido político a necesidade de conservar un servizo que, en moitos casos, segue sendo insuficiente e que se deixe de culpar aos demais do seu máis que evidente fracaso como gobernante".
Este é "o momento de unidade de todas as forzas políticas tal como se reflectiu na aprobación por unanimidade da moción presentada polo Partido Socialista no pleno do mes de febreiro e non de pelexarse con Alcaldes veciños sexan do cor político que sexan", conclúen dende o PSOE.