Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños informarán á Xunta da “odisea que supón ir de Gondomar a Vigo en bus en pleno século XXI”

Veciños informarán á Xunta da “odisea que supón ir de Gondomar a Vigo en bus en pleno século XXI”

Correo-e Imprimir PDF
terminal gondomar

A plataforma de usuarios do transporte público en Gondomar quere que a Xunta "escoite por boca das persoas afectadas as graves deficiencias que temos en materia de transporte no Val Miñor e a odisea que supón ir de Gondomar a Vigo en bus en pleno século XXI". Para iso, manterán o vindeiro luns 7 de outubro ás 13 horas unha xuntanza con María José Bravo Bosh, delegada territorial da Xunta en Vigo.

A "odisea" da que falan os veciños tamén abrangue casos como que Gondomar non conta con ningunha liña directa co comunique coas veciñas vilas de Baiona e Nigrán. No caso de viaxar a Baiona, os usuarios deben pagar un boleto ata A Ramallosa e facer un transbordo, pagando un novo boleto ata Baiona. O que non só implica un custe moi elevado de transporte, senón que ademais dependendo dos cruce das frecuencias, unha viaxe de menos de 9 Km pode chegar a durar case unha hora. Para acceder ao centro de Nigrán, os gondomareños deben baixar na Estrada pola Vía e percorrer varios centenares de metros ata a Avenida Val Miñor.
Por outra banda, os veciños que viven fóra da vila condal, non conta cun sistema de transporte público cos comunique co resto das localidades do municipio.
Para mais inri, a pesar da súa proximidade co Campus Universitario de Vigo (CUVI) os estudantes residentes en Baiona, Gondomar ou Nigrán, carecen dun autobús directo cos achegue. A única posibilidade coa que contan é trasladarse ata Vigo e dende alí facer transbordo con algunha das liñas que comunican a cidade olívica co devandito campus.
O colectivo de usuarios ven traballando diversas propostas dende o pasado 7 de setembro cara a que as administracións públicas competentes obriguen ás empresas concesionarias do transporte público a solucionar a deficitaria cobertura que recibe a bisbarra do Val Miñor, na que viven máis de 50 mil persoas.
"Dende a Plataforma entendemos que a opinión dos usuarios do transporte (os verdadeiros afectados) debe ser tida en conta pola Administración, pois sabemos que as relacións entre os transportistas e a Xunta existe é moi fluída", sinalan dende o colectivo.