O alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, expuxo á conselleira de Política Territorial a necesidade de encontrar unha solución ao problema do transporte público que padecen os veciños e que cualificou como «terceiromundista». Por un problema entre as concesionarias, os usuarios que queren viaxar desde Gondomar á estación de autobuses de Vigo teñen que ir á parada de Mañufe,
pois se o collen no centro, só poden ir ata A Florida, a non ser que paguen outro billete para seguir o traxecto. Igualmente, quen veñen da estación de Vigo, son obrigados a baixarse en Mañufe e acceder a pé ata o centro.
Continúa en La Voz de Galicia