Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Xunta acometerá a reparación dos aseos e outras obras menores na terminal de autobuses de Gondomar.

A Xunta acometerá a reparación dos aseos e outras obras menores na terminal de autobuses de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
terminal gondomar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar unha serie de obras de mellora de accesibilidade, instalacións da terminal de autobuses de Gondomar. As mesmas consistirán no pintado dunha zona de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, coa súa sinalización e execución de vado. Pintaranse pasos de peóns, cos correspondentes vados peonís, mellorarase a drenaxe da estación e repararanse os aseos, ademais de colocar bancos para a espera, segundo detalla un comunicado emitido este venres pola consellería.

Na actualidade, estanse a ultimar a sinatura do contrato que permitirá dar comezo ao inicio dos traballos. As obras comezarán nas vindeiras semanas