Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Esperando o bus sentados no chan.

Correo-e Imprimir PDF

marquesinha-val-minhorO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, denuncia o "abandono do mobiliario urbano", en pleno centro de Nigrán. Nomeadamente, o edil sinala o caso da marquesiña do transporte público, na Avenida Val Miñor, a que atópase rota "desde fai semanas, sen o correspondente asento, o que obriga aos usuarios a ter que sentarse no chan durante o tempo de espera, así como as beirarrúas coas baldosas rotas".

O Concello de Nigrán recibe a Manolo Escobar, David Civera e Natalia para os concertos de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

NUNCA-DIGAS-NO-NATALIA-4-A carteleira para os días 23 e 24 de agosto engade as actuación das bandas Seguridad Social, e Astarot.
-O rexedor Alberto Valverde informa que os espectáculos serán gratuítos e a custe cero para as arcas municipais.

Denuncian danos no paseo do Río Muíños en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ponte-2-rio-muinhos-Compromiso por Galicia Nigrán denunciou o mal estado das pontes que se atopan no paseo do río.
A formación galeguista denunciou a desaparición das táboas na última ponte do paseo, así como o mal estado das que forman os diferentes pasos a nivel que se atopan neste roteiro.
Neste sentido, CxG fixo un chamamento á reparación dos danos pola "perigosidade para os camiñantes e, especialmente, aqueles que percorren o treito en bicicleta, con táboas levantadas, pontes corvadas, etc.". Deste xeito, reclaman un "maior coidado desta ruta paisaxística" por parte do goberno local, para a "posta en valor do patrimonio paisaxístico de Nigrán".

Nigrán declara 7 días de loito e suspende os actos públicos con motivo da traxedia ferroviaria de Santiago.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigran-O venres 26 ás 12 horas terá lugar unha concentración con 5 minutos de silencio ás portas do Concello.
-Suspensión de actos públicos e actividades de lecer salvo as deportivas por 7 días.

O pleno de Nigrán prorroga un mes máis o período de exposición pública do PXOM

Correo-e Imprimir PDF

Cartel informativo no ConcelloA corporación municipal decidiu no pleno de hoxe prorrogar nun mes máis o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Así, o documento de ordenación urbanística seguirá exposto no Salón de Plenos municipal até o próximo 3 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL