Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán recibe a Manolo Escobar, David Civera e Natalia para os concertos de agosto.

O Concello de Nigrán recibe a Manolo Escobar, David Civera e Natalia para os concertos de agosto.

Correo-e Imprimir PDF
NUNCA-DIGAS-NO-NATALIA-4

-A carteleira para os días 23 e 24 de agosto engade as actuación das bandas Seguridad Social, e Astarot.
-O rexedor Alberto Valverde informa que os espectáculos serán gratuítos e a custe cero para as arcas municipais.

O Concello de Nigrán anuncia a captación de artistas mediáticos cara a conformación dunha "Gran Gala Musical", que en dous días reunirá a Manolo Escobar, Natalia e David Civera. Sete horas de espectáculo que tamén contará coa presenza das bandas Astarot e Seguridad Social.
O alcalde Alberto Valverde entende que os concertos "pon a guinda de ouro a axenda cultural, deportiva e de lecer estival máis completa e variada dos últimos 20 anos". Aínda que recoñece que estase en "tempos difíciles" e nos que "é fundamental unha xestión responsable e eficiente".
O escenario montarase na chaira de Praia América os días 23 e 24 de agosto, e o acceso ao mesmo será libre e gratuíto. Para o día venres anúnciase a actuación das bandas Seguridad Social e Astarot a partir das 23.00 horas, cunha duración aproximada de tres horas. A chamada "Gran Gala Musical" do sábado comezará tamén ás 23.00 horas, e contará coas actuacións de Manolo Escobar, David Civera, Natalia e os seus bailaríns, un espectáculo musical ao estilo Broadway e un grupo de versións dos anos 80.
"En total, sete horas de concertos ao aire libre para despedir o mes de agosto, que poderán gozar de forma gratuíta tanto locais como visitantes, e con custe cero para as arcas municipais", sinala Valverde. Infórmase que os artistas farán un repaso á súa carreira musical, pero tamén sorprenderán ao público con temas inéditos.