Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Denuncian danos no paseo do Río Muíños en Nigrán.

Denuncian danos no paseo do Río Muíños en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ponte-2-rio-muinhos
ponte-rio-muinhos
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Compromiso por Galicia Nigrán denunciou o mal estado das pontes que se atopan no paseo do río.
A formación galeguista denunciou a desaparición das táboas na última ponte do paseo, así como o mal estado das que forman os diferentes pasos a nivel que se atopan neste roteiro.
Neste sentido, CxG fixo un chamamento á reparación dos danos pola "perigosidade para os camiñantes e, especialmente, aqueles que percorren o treito en bicicleta, con táboas levantadas, pontes corvadas, etc.". Deste xeito, reclaman un "maior coidado desta ruta paisaxística" por parte do goberno local, para a "posta en valor do patrimonio paisaxístico de Nigrán".

Por este motivo, piden que rematen "dunha vez por todas" os incidentes no Paseo do Río Muíños, que xa xerou polémica nos últimos meses "pola falta de desbroce no roteiro, verquidos de area ás marxes, e outras desfeitas".