Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN denuncia que o salón onde se expón os planos do PXOM de Nigrán leva un mes pechado.

Correo-e Imprimir PDF

cartel pxom nigran-A agrupación UCN-CDL denuncia que o salón habilitado para a exposición pública do PXOM de Nigrán, permanece pechado fai un mes a pesar de estar en trámite de exposición pública.
O concelleiro Antonio Fernández (UCN-CDL), denuncia que o salón de plenos, habilitado como local para a exposición pública do PXOM, permanece pechado desde principios do mes de agosto, malia que o Pleno aprobou por unanimidade, ampliar o prazo de exposición ata o próximo día 3 outubro. Fernández asegura que comprobou persoalmente os feitos ao concorrer tanto o mércores como este xoves ao lugar, atopando pechado o ingreso ao devandito salón.

Os veciños de Chandebrito piden ampliar os núcleos rurais e maior protección ao patrimonio no PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

chandebrito panel chan rotoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" anuncia a súa intención de presentar alegacións ao Plan Xeral de Organización Municipal de Nigrán, actualmente en exposición pública trala aprobación inicial. O colectivo sinala que tras un estudo da documentación atopáronse "numerosos e importantes erros", como a non inclusión de 38 bens culturais da parroquia que quedarían sen protección. Como primeiro paso convocan á veciñanza a participar dunha charla informativa na antiga escola infantil de Chandebrito, o vindeiro venres 13 de setembro ás 19 horas.

O SERGAS promete o novo centro de saúde en Panxón para 2015

Correo-e Imprimir PDF

O novo ambulatorio construírase fronte a actual Casa do Mar.O SERGAS fixa un novo horizonte  de prazo para a inauguración do futuro ambulatorio de Panxón no ano 2015.

A xerente do SERGAS, Nieves Domínguez González, adiantou que a adxudicación da obra, prevista para principios de 2014, contará cun investimento de 1,3 millóns de euros.

A drástica diminución do tráfico con Nigrán desmontan a xustificación da necesidade do vial Saiáns - Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

O trazado do vial discorre polo corazón de Nigrán cunha grande afección de casas e propiedades- Esquerda Unida de Nigrán aporta datos que cifran en case 5 mil vehículos menos ao día o tránsito nas principais estradas de Nigrán.

- Aseguran que as imprecisións do trazado do novo vial no PXOM crean 400 mil m2 de incertezas no concello.

O estado do mobiliario urbano de Nigrán volve a espertar críticas da oposición.

Correo-e Imprimir PDF

marquesina-centro-nigran
O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) reitera as denuncias sobre o estado no que se atopan diversas estruturas do patrimonio urbano de Nigrán. Nomeadamente, o voceiro de UCN-CDL sinala a marquesina situada en pleno centro urbano de Nigrán, a escasos metros do Concello, a que se atopa dende hai meses sen asentos. "Los usuarios tienen que sentarse en el suelo durante el tiempo de espera del autobús", sinala o edil. Agrega que a localizada na Ramallosa pasou todo o verán cos cristais rotos converténdose nunha "improvisada cartelera puclicitaria".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL