Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O estado do mobiliario urbano de Nigrán volve a espertar críticas da oposición.

O estado do mobiliario urbano de Nigrán volve a espertar críticas da oposición.

Correo-e Imprimir PDF
marquesina-centro-nigran


O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) reitera as denuncias sobre o estado no que se atopan diversas estruturas do patrimonio urbano de Nigrán. Nomeadamente, o voceiro de UCN-CDL sinala a marquesina situada en pleno centro urbano de Nigrán, a escasos metros do Concello, a que se atopa dende hai meses sen asentos. "Los usuarios tienen que sentarse en el suelo durante el tiempo de espera del autobús", sinala o edil. Agrega que a localizada na Ramallosa pasou todo o verán cos cristais rotos converténdose nunha "improvisada cartelera puclicitaria".

Fernández Comesaña tamén chamou a atención do goberno popular de Nigrán polos tramos con beirarrúas rotas, "a pesar de haber gastado más de 10 mil euros en colocar jardineras y plantas con riego manual". Así como o que sucede cos bancos "que se encuentran rotos, tanto en plena zona de playas, como enfrente al propio ayuntamiento, al lado de la parada de taxis", advirte.