Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán encabeza o ranking de concellos galegos con maior destrución da súa costa, segundo Greenpeace.

Nigrán encabeza o ranking de concellos galegos con maior destrución da súa costa, segundo Greenpeace.

Correo-e Imprimir PDF
monteferro-praias-nigran

No seu informe anual "Destrucción a toda costa", recentemente presentado, a organización ecoloxista Greenpeace sinala a Nigrán á cabeza da urbanizacións dos primeiros 500 metros da franxa costeira en Galicia, cunha ocupación do 71% da mesma. Nun ranking da "magnitude de destrución" deste espazo en Galicia, seguen a Nigrán as cidades de Vigo e Pontevedra cun 70%, o 69% na Coruña e o 68% en Fene.

No devandito informe, faise unha apreciación especial á cantidade de vertidos tanto industriais como urbanos que deterioran a calidade da auga e que afectan gravemente o marisqueo, como no caso da Foz.

Riscos.
Greenpeace advirte que como consecuencia do cambio climático, ao igual que outras comunidades cantábricas, Galiza verá incrementado o seu nivel medio do mar ata 35 centímetros, así como a súa cota de inundación e de rebase. Nese senso, subliña que os impactos máis probables pasarán pola desaparición de praias.