Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Vaga de roubos en Nigrán. Patacas e ovellas son os novos obxetivos dos cacos.

Vaga de roubos en Nigrán. Patacas e ovellas son os novos obxetivos dos cacos.

Correo-e Imprimir PDF

Dende fai unhas semanas as zonas do rural sofren unha vaga de roubos en leiras e cortellos.

Varios veciños denunciaron roubos de campos enteiros de patacas ou mesmo o roubo de ovellas.

O sistema de video vixilancia do concello de Nigrán parece non intimidar aos "amigos de lo ajeno" que xa non se ocultan nas horas puntas do día.

Varios veciños do barrio do Ceán en Nigrán,  denunciaron o roubo nas suas leiras. Algúns deles perderon xa a colleita de patacas do ano mentras agardaban a chegada da lúa chea para sachalas, e outros quedaron sen as ovellas que pastaban nas leiras.

Os veciños sospeitan de varios coches matrícula de Portugal que merodean dende fai tempo pola zona dun xeito sospeitoso e sen rumbo. Percorren a parroquia paseniñamente para deixar a pé de rúa a grupos de xente con acento rumano, que van casa por casa pedindo esmola dun xeito hostil e intimidatorio. Sen aceptar comida, só diñeiro.

Roubos en coches.
Os pequenos furtos nos coches tamén forman parte da lista de interese dos cacos da zona que a plena luz do dia forzan os vehículos para sustraer elementos de valor que poidan gardar no interior dos coches.

Un veciño das Angustias atopaba no interior do seu coche varillas para abrir fechaduras.