Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia a desaparición da ducha da Praia das Canas en Patos.

UCN denuncia a desaparición da ducha da Praia das Canas en Patos.

Correo-e Imprimir PDF
ducha-patos


-Os centristas responsabilizan ao rexedor local polos atrancos á hora de adquirir as tarxetas que habilitan o uso das duchas de prepago.

UCN denuncia atrancos no sistema de prepago para o servizo de duchas nas praias de Nigrán. O concelleiro Antonio Fernández Comesña, sinala que cando os usuarios acuden a comprar as tarxetas ao Concello, atópanse coa “desagradable sorpresa”, da negativa a poder pagar o importe na Recadación municipal.

O custe de 1€, para a súa retirada, débese ingresar “forzosamente nas entidades bancarias, co conseguinte prexuízo, maior perda de tempo e dificultades, o que engade un gran cabreo e rexeitamento entre os veciños e turistas, ao ter que sortear as colas xeradas pola maior afluencia de visitantes, o que parece non importarlle ao alcalde, Alberto Valverde”.

Desaparece a ducha da praia das Canas en Patos e fallan os servizos básicos.

Por outra banda,  Antonio Fernández, denuncia que a ducha de pre-pago colocada na praia das Canas (Patos), “desapareceu desde fai varias semanas”. Agrega que a praia atópase sen servizo algún, co conseguinte prexuízo para os usuarios da praia.

O centrista entende que isto discrimina aos usuarios en relación aos do restos dos areais do concello “sen que o goberno local faga absolutamente nada para solucionar o problema xerado”.

O concelleiro sinala  que “non sabemos si a súa desaparición podería estar relacionada co rexeitamento de moitos usuarios, ao sistema de pago utilizado polo goberno local”, en referencia ao troque das as anteriores duchas “en perfecto estado de funcionamento, por outros modelos que serán moi intelixentes, pero que talvez non o sexan tanto, os que acordaron o cambio por outras de pago”.

Por riba, o edil denuncia que a devandita praia “tampouco dispón de caseta de protección civil, para primeiros auxilios, malia haberse solicitado polo noso grupo no pleno do pasado mes de maio”.

Segundo fontes consultadas a citada ducha foi arrancada durante os excesos da noite de San Xoán.

UCN sospeita dunha campaña de autobombo do PP ante o rexeitamento ao novo sistema de duchas.

Fernández Comesaña, dúbida moito que a campaña  “autobombo anunciada polo goberno local”, de máis de mil tarxetas vendidas na primeira semana de funcionamento, “poida ser real”. Nese senso, o concelleiro ironiza: “a non ser que desde o propio goberno alentásese a compra entre afines do PP, para logo talvez distribuír de forma gratuíta, dando así unha falsa aparencia de boa acolleita entre os usuarios, cando a realidade é ben distinta, e que máis ben puidese asemellarse a un auténtico boicot e rexeitamento dos bañistas, tanto residentes como turistas, á compra de tarxetas para o baño”.

Ganancia extra nas tarxetas.
Non queda claro o beneficio do sistena logo de que o concello tivera que facerse cargo da inversión de compra das duchas,  a retirada das anteriores e a instalación e o mantemento das novas, así como o pago das famosas tarxetas "intelixentes"

Pero parece que "máis intelixentes" están sendo algúns dos locais participantes na venda das tarxetas.  Usuarios denuncian que varios locais venden as tarxetas a un prezo superior ao prezo oficial coa intención de obter un beneficio económico extra fora do cauce legal aprobado na ordenanza municipal.