Ante a morea de denuncias en materia de seguranza sobre o actual trazado do carril bici no seu paso por Nigrán, a deputada Eva Solla (Alternativa Galega de Esquerda) solicitou ao Parlamento galego a redacción orixinal do proxecto. A representante sinala que segundo a normativa vixente no momento da redacción do proxecto, "este debe incluír todos os datos de
seguridade viaria que xustifiquen o trazado, as características e o proceso construtivo elixido".
Nese senso, Solla ben de solicitar no Parlamento o proxecto da obra, as modificacións sobre o mesmo e "todos os datos de seguridade viaria que xustifiquen o trazado, as características e o proceso construtivo elixido, incluídos nos anexos da memoria do proxecto da obra".