Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aberta a convocatoria de axudas para os libros de textos educación infantil

Aberta a convocatoria de axudas para os libros de textos educación infantil

Correo-e Imprimir PDF
Comunidade Educativa do CEIP Humberto Juanes

O Concello de Nigrán convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados "nalgún dos colexios públicos do municipio."

O concello non indicou o importe da contía que vai ser destinada para este fin. 

As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúnan os seguintes requisitos: estar empadroados en Nigrán, estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido.

O prazo para presentar as solicitudes, con cita previa en Departamento de Servizos Sociais, no teléfono 986 36 50 00, extensión 4, é entre o 8 e o 18 de xullo.

Para acceder á devandita axuda, as persoas interesadas deberán presentar as fotocopias do libro de familia completo, o DNI dos pais, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar, nóminas, certificados de empresa, certificados de pensións, certificados do INEM e vida laboral, no caso de maiores de 16 anos.

Contía das axudas sen especificar.

O concello ainda non indicou o importe da contía que vai ser destinada para este fin. O pasado exercicio, Nigrán destinou 2.500€ para repartir entre 55 familias solicitantes.