Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Desvío de partidas de axudas sociais para rematar as beirarrúas e mercar un coche policial

Desvío de partidas de axudas sociais para rematar as beirarrúas e mercar un coche policial

Correo-e Imprimir PDF
14.000 euros serán traspasadas dos orzamentos de axudas social para rematar as beirarúas en Praia Amércia
Download this file (expediente_modificacion_orzamentos_2013.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 O goberno de Nigrán aproba unha modificación de crédito por 51.947 euros a tan só 20 días da aprobación definitiva dos orzamentos proposta e votada en solitario polo oficialismo. A transferencia afecta fondos destinados orixinalmente a limpeza de zonas verdes (21.000€), saneamento e abastecementos (21.000€), axudas no fogar (14.000€) e actividades deportivas (1.947€), segundo a moción aprobada O acordo sinala que estes cartos serán agora destinados á compra de desfibriladores subvencionados pola Deputación (1.974€), a construción de beirarrúas en Praia América (22.000€) e un novo vehículo para a policía local (28.000€).

 

 Para os socialistas trátase dun "auténtico disparate detraer 14.000€" das partidas de Benestar Social para construír beirarrúas ou mercar un novo vehículo para a policía "tendo en conta as moitísimas necesidades e tantas persoas de Nigrán que precisan dos Servizos Sociais" do municipio.

O concelleiro Juan González (PSOE) afirma que durante o debate plenario o seu partido chamou "a cordura ao goberno popular, ao seu Alcalde e a propia concelleira de Servizos Sociais", nembargante denuncia que as mesmas "caeron en saco roto" pois o alcalde popular Alberto Valverde aprobou a devandita modificación de crédito "aseverando que Servizos Sociais ten fondos suficientes", así como que "a ninguén que precisa se lle di que non hai cartos".
Para os socialistas esta modificación do orzamento que faise tan só 20 días despois de ser aprobado definitivamente o orzamento, o 14 de xuño de 2013, " demostra a falta de
previsión" do goberno do PP, e confirma o defendido polo PSOE no pleno en canto que "era un mal orzamento".