Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha folga do lixo en Nigrán asoma ás portas do verán

Unha folga do lixo en Nigrán asoma ás portas do verán

Correo-e Imprimir PDF
A última folga do lixo en Nigrán acumulou 350 toneladas en pleno verán

Os traballadores do servizo de recollida de lixo de Nigrán (Pontevedra), do cal se encarga a empresa concesionaria Cespa, acordaron convocar folga indefinida a partir do próximo 14 de xuño.


Segundo informa a CIG, a decisión débese a que «despois de sete reunións de convenio colectivo, a empresa unilateralmente modificou a xornada de traballo e as vacacións», uns cambios que, segundo apunta, teñen o obxectivo de que «o persoal traballe máis horas no verán e menos no inverno».

 

En canto ás vacacións, afirman que impoñen que a súa goce sexa «en só dous meses» ou «dividilas no resto do ano», de forma que non teñan que substituír os postos de traballo que viñan cubrindo de forma temporal. Con todo, a CIG recorda que o convenio marca que «as vacacións serán de xuño a setembro» e que isto se conseguiu «grazas a 9 días de folga».

O sindicato afirma tamén que Cespa alude a «problemas económicos» pero que, nas reunións dos representantes dos traballadores co alcalde do municipio, este garantiulles «que non lle deben ningún pagamento» á firma. A xuízo da CIG, «a pretensión da empresa é de facer o servizo con menos custo para gañar máis diñeiro».