Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O tramo máis urbano da Estrada Pola Vía quedará sen a senda do Carril – Bici.

O tramo máis urbano da Estrada Pola Vía quedará sen a senda do Carril – Bici.

Correo-e Imprimir PDF
Fin-estrada3
Garaxe
fronton
Chiringo
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

- O PSOE de Nigrán denuncia que ao longo do tramo urbano de Lourido "non haberá Carril-Bici- pola negativa do Concello de expropiar construcións que se adentran aos lados da Estrada pola Vía.

-O Partido Socialista de Nigrán denuncia que o alcalde Alberto Valverde lles nega a entrega do proxecto construtivo solicitado formalmente hai 8 meses.

- O boulevard construído presenta zonas de tan só 5 metros de ancho.

O Partido Socialista de Nigrán denuncia que o proxecto de seguridade viaria na Estrada Pola Vía (PO 325) rematará no cruce por Lourido (Praia América) cun vial de 5 metros de ancho, o que cualifican como unha "aberración construtiva". Agregan que "garaxes, ampliacións de locais , pistas de tenis e frontón" ocupan o lugar correspondente ás beirarrúas con perigosas crebas que se adentran na estrada.

Responsabilizan á "obsesión do Partido Popular" por non expropiar nin un metro cadrado de terreo nesa zona, de converter a estrada nun "zigzag sen sentido", que agregan, fará certo o eslogan da extinta Plataforma contra o Carril-Bici "haberá mortes", pola súa perigosidade.

Os socialistas sinalan que a obra realízase "sen control de ningún tipo por un goberno municipal pregado ás directrices da Xunta de Galicia e antepondo os intereses do Partido Popular aos do Concello de Nigrán".

"Nin retrínqueos nin altura de muros de peche cumpren as normas urbanísticas",agregan, "mentres se abren centos de expedientes a veciños de calquera outra zona do municipio".

O Partido Socialista leva solicitando por rexistro de entrada (05/09/2012 rex. Entrada 1115, 19/02/2013 rex. Entrada 2184 e 17/04/2013 rex. Entrada 4827) o proxecto construtivo da PO325 mais denuncia que o rexedor Alberto Valverde, négase a entregalo "contravindo a normativa municipal".