Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña increpa ao alcalde de Nigrán por negarlle acceso ao novo documento do PXOM.

Fernández Comesaña increpa ao alcalde de Nigrán por negarlle acceso ao novo documento do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
alberto antonio

-UCN afirma ter sospeitas de que o alcalde de Nigrán non conta co apoio do seu grupo para sacar adiante o PXOM e adiante que se aveciña unha crise de goberno municipal.

O concelleiro Fernández Comesaña (UCN-CDL) volve a confrontar co rexedor Alberto Valverde polo que denuncia unha "inxustificada negativa" do alcalde a entregar copia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), achegado recentemente polo equipo redactor. O edil sinala a súa preocupación xa que o alcalde anunciou que en "breves semanas" convocará o pleno de Aprobación Inicial, sen que a oposición teña coñecemento da dimensión das correccións que tras as múltiples pegas dos técnicos municipais e as diversas administracións obrigaran a unha nova redacción do mesmo.

Comesaña presentou un escrito con tal reclamación o pasado 4 de maio obtendo a negativa do alcalde baseada, segundo o denunciante, en que está sendo "revisado polos técnicos municipais". Ante isto, o edil protesta porque afirman que a oposición ten dereito a verificar, "si realmente foron corrixidos os graves erros iniciais, o polo contrario, trátase dun novo documento do PXOM, coa incorporación de cambios substanciais, que obrigarían a emitir un novo informe previo á aprobación inicial, pola Xunta de Galicia".

Segundo o centrista, con esta actitude, Valverde "o único que consigue é levantar maiores sospeitas" sobre o documento. Por elo cualifica ao rexedor de "antidemocrático e propotente", "incapaz de dialogar e consensuar" coas demais forzas. Finalmente, Fernández Comesaña asegura nun comunicado emitido este mércores, ter "sospeitas" de que Valverde "non ten garantido o apoio" dentro do seu grupo, polo que adianta que "pode aveciñarse unha grave crise de goberno, a corto prazo".